A pesca sustentábel centrou a terceira xornada da nova edición da Mostra Mares da Fin do Mundo

31 Outubro 2022

Este domingo 30 de outubro desenvolveuse a terceira xornada da quinta edición de Mares da Fin do Mundo, a Mostra Internacional de Cinema Documental que se está a celebrar novamente en Outes, ata o 1 de novembro, organizada polo Concello. Arrincou a xeira no Náutico do Freixo cunha mesa redonda sobre pesca sustentábel, na que se reflexionou acerca de A imaxe da pesca e dos pescadores na sociedade.

A mesa, moderada por Javier G. Galdo (biólogo mariño), contou coa participación de Fabián Ben (proxectos da FNCP), Carmen Alonso (patroa e pescadora no Carmín, Asturias), Emilio Louro (comercialización e distribución de pesca artesanal online) e Eva Velasco (científica e investigadora en IEO/Diversimar). A continuación, nas mesmas instalacións, tivo lugar unha demostración gastronómica a cargo de profesionais locais pertencentes á Asociación de Hostalaría Ría da Estrela, na que os participantes puideron degustar pratos elaborados con produtos de proximidade.

A xornada continuou pola tarde coas proxeccións de 8 filmes que forman parte da Competición Oficial. Divididos en 3 bloques, as proxeccións comezaron ás 17:00 h na Casa da Cultura de Outes. No primeiro bloque proxectáronse tres títulos, After Ice, de Kieran Baxter (Reino Unido / Islandia, 2021), un documental que amosa o impacto que os seres humanos están a ter nos sistemas da Terra mediante a combinación de vistas aéreas históricas e actuais de seis glaciares na rexión islandesa de Hornafjörour. Le constat de la crevette grise, de Rémi Murez (Bélxica, 2021), retrata o perigo enterrado no Mar do Norte en forma de restos de municións químicas de guerras pasadas, que están a segregar gases tóxicos na actualidade. Liquid Ground, de Enar de Dios (Austria / España, 2021), é unha obra experimental sobre os fondos oceánicos e a súa cartografía para falar de colonialismo, ecoloxía e representación.

O segundo bloque do día abriuse con Pez volador, de Nayra Sanz Fuentes (España, 2022), filme que documenta a incidencia que o ser humano e a tecnoloxía están a ter na transformación e alteración dos hábitats mariños. Xaar Yallà, de Mamadou Khouma Gueye (Senegal / Francia, 2022), trata sobre a repercusión que a subida do nivel do mar está a ter en Saint–Louis, a chamada Venecia do Sur. No último filme do bloque proxectouse Last of Us, de Andrea Marcovicchio (Italia, 2021). Este documental retrata a desaparición progresiva e o futuro incerto do mundo da pesca e o patrimonio asociado no Lago Maggiore.

A xornada pechou coa proxección de dúas obras máis, do terceiro bloque do día, que daba por rematadas as proxeccións da Competición Oficial. The Silent Wave, de J.J. Abraham e Vishnu Hari / ICSF (India, 2021), filme centrado no impacto que a primeira vaga de COVID-19 tivo nas actividades pesqueiras en Kollam, no sur da India. Pechou a xornada Mayotte, la mer buissonière, de Pierre Belet (Francia, 2021), obra documental que amosa a realidade á que se enfronta a poboación na illa de Mayotte, onde maioría da xente ten menos de 18 anos.

A Mostra Internacional de Cinema Documental, Mares da Fin do Mundo, está organizada polo Concello de Outes, coa colaboración na dirección e produción de ABA Films e o apoio, entre outros, da Deputación da Coruña e a Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Así mesmo, MDFDM forma parte de Proxecta (Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, integrada na federación estatal Pantalla).

Outros artigos

Xa podemos votar na Rede pola Palabra Galega de 2024

Dende o ano 2014 o Portal das Palabras convida a todas as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Deste xeito, logo da fase de recolla de suxestións, a Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié abren este mércores 11 de decembro a fase...

+

A Misela achega este domingo en Porto do Son un concerto de Nadal

A Casa da Cultura de Porto do Son vai acoller este domingo 15 de decembro un concerto de Nadal a cargo da agrupación noiesa A Misela, a partir das 19.30 horas, organizado pola Área de Cultura municipal e dentro da programación de actividades elaborada para estas...

+

Outes acolle esta “finde” a súa Feira de Nadal

O Concello de Outes organiza esta fin de semana unha actividade de celebración de Nadal que tamén conmemora e reivindica un xeito saudábel e responsábel de consumir e festexar estas festas, en clave de proximidade: a Feira de Nadal en Outes, un punto de encontro na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...