Remata na Pobra a sexta edición das Xornadas Micolóxicas

07 Novembro 2022

Un simposio, un obradoiro familiar, unha saída ao campo, a exposición de cogomelos, a degustación gastronómica e a entrega dos premios do certame fotográfico integraron o groso das actividades na fin de semana como colofón ás VI Xornadas Micolóxicas postas en marcha pola Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), para contribuír a pór en valor e á divulgación dos fungos un outono máis.

A Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler alberga ata mediados do mes de novembro unha mostra composta por imaxes do concurso fotográfico de anteriores convocatorias, á cal se incorporaron as gañadoras desta edición.

A primeira distinción recaeu nunha fotografía da autoría de Sergio Pérez Boullón, a segunda foi parar a unha instantánea tomada por Tomás Rodríguez Novoa e a terceira adxudicouse a unha imaxe de José Luís Gigirey González.

As visitas pódense efectuar de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.