Empatía Teatro leva Esas cousas marabillosas á Casa da Cultura de Boiro

03 Novembro 2022

Este venres 4 de novembro a agrupación Empatía Teatro estará na Casa da Cultura de Boiro para representar o espectáculo Esas cousas marabillosas. Será a partir das 21.00 horas. As entradas poderán obterse no mesmo día da función. Esas cousas marabillosas é unha obra para público adulto, emocionante, divertida, tenra e participativa, que conta unha historia de case tres décadas que comeza cando “mamá está no hospital”, vítima dunha tentativa de suicidio. Unha historia sobre saúde mental, depresión e morte, cuestións de moita solemnidade tratadas en clave de comedia para que nos poidan, todas elas, axudar a cambiar a nosa vida…. para ben.

A obra está protagonizada por Elisardo de la Cruz, e é unha adaptación dirixida por Avelino González da peza do mesmo nome de Duncan Macmillan e Jonny Donahoe.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.