O Concello de Boiro abre o prazo de matrícula nun novo curso formativo do programa de Accións Formativas para Desempregados na modalidade de Operacións básicas de cociña. A formación será presencial e vaise levar a cabo entre os meses de novembro de 2026 e marzo de 2027.
Trátase dunha acción formativa de nivel 1, polo que non se esixen requisitos académicos previos par poder acceder. A modalidade do curso é presencial e desenvolverase no Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento situado no parque empresarial de Espiñeira en horario de 9.00 a 14.00 horas entre o 2 de novembro e o 10 de marzo.
A formación é gratuíta e implica a realización de prácticas en empresas; está dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e a súa situación laboral como non ocupada. Ademais as persoas participantes nas actividades formativas poderán acceder a unha bolsa de desprazamento.
A participación no proceso de selección pode realizarse a través de DIPLOS, dende a Oficina Virtual de Emprego da Xunta de Galicia, ou solicitando información no 981 84 26 09.




