A Pobra exalta a tradición popular e a gastronomía co II Magosto Arrancadeira

02 Novembro 2022

A Pobra vai reivindicar este mes de novembro os festexos ligados á castaña e a todas súas vertentes, non só a gastronómica senón tamén a cultural, a creativa, a social, a musical e a lúdica. Con este obxectivo recupera o Magosto Arrancadeira que naceu en 2019 e se interrompeu coa pandemia. Trátase da segunda edición dun programa co cal se pretende “poñer en valor a historia e o folclore da nosa terra”, segundo manifestou ante os medios de comunicación a concelleira da Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), acompañada de representantes da entidade: Maribel Lojo, Natalia Fernández e Carla Bargo.

A exaltación terá lugar no 5 de novembro na praza Alcalde Segundo Durán, en horario de tarde. Alejandro Martínez impartirá o obradoiro O baile na comarca do Barbanza, a partir das 18.00 horas, para, deseguido, dar paso a unha foliada e, xa pola noite, será a quenda dos concertos con Río de Anxo e Cantareiros de Cántigas e Frores. O acceso é libre ata completar a cabida.

Haberá tamén castañas, chocolate con rosca, bocadillos fríos e quentes e bebidas; todo a prezos populares.

Sortearanse, ademais, unha cea, unha noite nun hotel e unha cesta de produtos variados.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.