A Pobra acollerá un obradoiro familiar para fomentar o uso do galego

04 Novembro 2022

Coñecer o pasado e a evolución da lingua galega para concienciar sobre a importancia de mantela viva na escrita e na oralidade. Esta é a base de O lar das palabras, un obradoiro para mergullarnos no noso idioma e fomentar o seu uso dende unha perspectiva lúdica e afectiva no ámbito familiar. Trátase dunha actividade realizada para o repositorio TeCe Redes en galego ó abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia para os concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística, que chega á Pobra do Caramiñal da man da Concellaría da Normalización Lingüística, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG).

Será o 13 de novembro, a partir das 17.00 horas, na Casa Mariñeira, situada nas inmediacións do parque do Castelo. O público receptor son crianzas de entre 3 e 8 anos, acompañadas de persoas adultas. A entrada é libre ata completar a cabida.

A sesión comezará coa narración do conto que titula o taller, que relata a historia, en clave simbólica, dun reino onde habitaban unhas palabras moi antigas que cada día que pasaba ían esmorecendo. Ninguén sabía que pasaba. Para preservalas, gardábanas en cofres de ouro, con mil chaves, pero todo o esforzo era inútil. Ata que unha vella e unha nena pronuncian as palabras con agarimo e recuperan así o seu vigor.

Deseguido, darase paso a unha charla na cal se compartirán sensacións para trazar un paralelismo entre a ficción e a realidade. A partir desa conversa, proporanse ideas de como facer que o galego teña oco no noso día a día e realizarase un dicionario familiar, coa finalidade de provocar na rapazada unha reflexión e participación activa.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.