Convocado o quinto certame de podcasts en galego “O Vello dos Contos”

03 Novembro 2022

Vénse de convocar a quinta edición do Certame de Podcasts en Galego e Portugués Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte… nas Ondas!, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Poderá concorrer a estes premios o alumnado de 10 a 18 anos dos centros de ensino de educación Primaria (de 5º e 6º cursos) e Secundaria de Galicia, así como doutros centros de ensino non universitario de Galicia e daqueles que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma. Así mesmo, o certame está aberto ao alumnado da mesma idade das escolas do Norte de Portugal.

Presentaranse podcasts orixinais e inéditos relacionados coa vida e obra e Francisco Fernández del Riego, o autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas en 2023, ou con outros aspectos do patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia e do Norte de Portugal, cunha duración máxima de tres minutos.

Establécense os seguintes premios:

-Premio ao mellor traballo do alumnado de 5º e 6º cursos de Primaria de Galicia e dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma.

-Premio ao mellor traballo dos centros de educación Secundaria e doutros centros de ensino non universitario de Galicia e dos que imparten ensinanzas de réxime xeral, do mesmo nivel, fóra da Comunidade Autónoma.

Máis datos nas bases do certame publicadas no Portal da Lingua e máis na web de O Vello dos Contos.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.