Trenor visita a Libraría Gallardo de Muros para informar sobre a apertura de prazos do Bono Cultura

02 Novembro 2022

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou na mañá deste 2 de novembro a Libraría Gallardo, en pleno centro de Muros, para animar aos coruñeses a aproveitar os bonos da campaña do Bono Cultura da Xunta, medida que esgotou xa todos os vales e que se pode empregar dende este día 2 até o 31 de decembro. Segundo dixo Trenor, acompañado da alcaldesa Inés Monteagudo, na comarca do Barbanza están adheridos, a día de hoxe, 16 establecementos do total de 158 inscritos na provincia da Coruña.

Tamén recordou que o programa contempla descontos do 50% na compra de produtos ou no uso de servizos culturais, para o que se emitirán 20.000 bonos.

Facendo un algo de balance, lembrou que o ano pasado a iniciativa conseguiu animar a actividade cultural do outono galego, cun balance final dun total de 68.562 operacións, a mobilización de máis de 2M € ao longo de dous meses en marcha e a participación de 560 negocios culturais adheridos.

Nova edición
A nova edición amplía os seus obxectivos buscando por unha banda “incentivar a demanda cultural e dinamizar o consumo” e, pola outra, “favorecer o fortalecemento do sector axudándoo a reducir o impacto económico marcado polo actual contexto económico de suba de prezos”.

“Se na primeira edición o obxectivo foi volver a reactivar o consumo nos comercios de proximidade tras a pandemia, agora cómpre botar unha man ao sector e os consumidores nesta nova crise de suba de prezos”, indicou Trenor

O delegado da Xunta recalcou que este bono é unha medida “para todos os galegos, teñan a idade que teñan fronte ao que fan outras Administracións que lanzan medidas dirixidas a colectivos moi específicos”.

Empresas
O Bono Cultura botou coa adhesión das empresas que teñen ata o 14 de novembro para apuntarse para participar nesta campaña.

A adhesión activarase nese momento a través da páxina web www.bonocultura.gal. Poderán formar parte as persoas físicas ou xurídicas que teñan como obxecto da súa actividade o de venda ao consumidor de produtos e bens culturais en Galicia, os centros ou locais públicos ou privados destinados á exhibición de produción cultural como salas de cine, teatros e auditorios, salas de concertos, salas de exposicións…, así como museos casas-museo ou asimilados tanto de titularidade pública como privada e asociacións, entidades e fundacións de carácter cultural, tanto públicas como privadas, que ofrezan produtos culturais.

Deberán estar dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do imposto sobre actividades económicas (IAE) recollidos na orde da convocatoria que se publicou o venres no DOG. Como novidade, este ano amplíase o número de epígrafes e tamén o teito de gasto que cada establecemento pode ter ao abeiro desta campaña, ata os 30.000 euros.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.