O poeta mariñeiro Xosé Iglesias presenta a súa nova obra, Atlántico Norte, chamádeme Ismael, este sábado en Porto do son

28 Outubro 2022

Este sábado 29 de outubro vaise presentar en Porto do Son, na Casa da Cultura, o libro de poemas Atlántico Norte, chamádeme Ismael, do escritor e mariñeiro Xosé Iglesias Lamela, editado por Caldeirón. Participarán no acto, acompañando ao autor, Patricia Torrado Queiruga e Rogelio Santos Queiruga. A presentación dará comezo ás 19.00 horas. O libro, que rende homenaxe no seu título á inmortal obra de Melville, Moby Dick, é froito da experiencia persoal biográfica do autor en augas do Gran Sol e outros martes lendarios e inspiradores tradicionalmente ligados á pesca dos mariñeiros galegos. Xosé Iglesias ten participado en varias publicacións colectivas, entre as que salientan Versus Cianuro (2013); Historias, mitos e monstruos do mar de Galicia (2013); Alén do silencio (2014); Dez anos na porta (2015) ou
Aldeas sen voz (2016). Foi finalista nos premios da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) no ano 2015 polo seu primeiro poemario mariñeiro, Transfusión Oceánica, e tamén no 2017, co seu libro A relixión do mar, obra que foi premiada na IX edición do premio Victoriano Taibo de poesía (Gondomar).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.