O incendio forestal no Porto do Son supera xa as 40 hcta. Cae unha motobomba por unha pista forestal. Movilizados cinco avións e seis helicópteros

21 Setembro 2026

Activo un incendio forestal en Ribasieira no Porto do Son cun amplo despregamento de medios. Unha motobomba que participaba na extinción precipitouse por unha pista forestal.

O Goberno central informa que envía medios aéreos ós incendios forestais que están activos nos concellos de Porto do Son e Gondomar. 

Un importante operativo de loita contra o lume traballa na extinción de dous incendios forestais declarados no termo municipal de Porto do Son.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume orixinouse ás 14:42 horas na parroquia de Ribasieira. Polo de agora non se dispón dunha estimación oficial sobre a superficie queimada, aínda que a densa columna de fume xerada polas chamas é visible desde distintos puntos da comarca do Barbanza.

Para frear o avance do lume e acadar o seu control, mobilizouse un amplo dispositivo aéreo e terrestre coordinado polo servizo de extinción da Xunta de Galicia:

  • Medios aéreos: cinco helicópteros e catro avións.
  • Medios terrestres: oito brigadas, cinco motobombas e dúas pas.
  • Persoal técnico e de mando: seis axentes, un técnico e dúas unidades técnicas de apoio (UTA).
Canle Lumes Grupo Barbanza

Os equipos continúan sobre o terreo realizando labores de contención ante as condicións actuais.

Pasadas as cinco da tarde, segundo recolle a canle Lumes Grupo Barbanza, unha das motobombas que participaba na extinción precipitouse por unha das pistas forestais, de momento desoñecese si houbo feridos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.