
Tal como informamos en O Barbanza, o condutor dunha motobomba resultou ferido de carácter leve este luns tras precipitarse o vehículo por un terraplén cando participaba nas tarefas de extinción do incendio forestal declarado na parroquia de Ribasieira, no municipio de Porto do Son. O traballador foi trasladado en ambulancia ao Hospital da Barbanza para ser sometido a diversas probas médicas co obxectivo de avaliar o alcance das lesións e descartar posibles fracturas.
O sinistro tivo lugar cando a motobomba do servizo municipal de Noia subía cargada por unha pista forestal para incorporarse ao operativo de loita contra o lume. Por causas que polo de agora se descoñecen, o vehículo achegouse á marxe do camiño e acabou caendo pola ladeira, dando varias voltas de campá antes de deterse.
Malia a espectacularidade do accidente, o condutor logrou saír do vehículo polo seu propio pé sendo traslalado o hospital comarcal.



