O técnico coordinador do Voluntariado municipal de Lousame, José Manuel Outeiral, vén de participar como poñente no VII Congreso Galego de Voluntariado, celebrado esta semana no Pazo de Sober (Lugo) e organizado pola Consellería de Política Social e Xuventude....
Lousame solicita unha subvención nominativa de 70.000 euros á Deputación para a mellora dun viario en Croído
O pleno municipal de Lousame, reunido na noite de onte en sesión extraordinaria e urxente, aprobou a solicitude dunha subvención nominativa de 70.000 euros á Deputación da Coruña para o proxecto “Mellora do viario en Croído”. Un proxecto de inversión de 99.435,63...
O sonense Carlos José Lorenzo completou o percorrido de Os 100 do Barbanza en 10 horas e 18 minutos
Finalmente, tal e como se viña prognosticando dende hai meses, a sétima edición da proba Os 100 do Barbanza (celebrada esta fin de semana pasada con inicio ás 16.00 horas do sábado) pasou á historia deportiva da nosa comarca. Fíxoo por varios motivos: pola...
Os concellos da nosa comarca celebran o Día da Diversidade coa campaña “Liberdade de ser e sentir”
Este 28 de xuño a nosa comarca festexa o Día das Diversidades Sexuais, dirixido a “sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero”. Ás celebracións uníronse todos os...
A Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia publica un libro co estudo de historicidade e delimitación do trazado
A Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia vén de editar o libro “O camiño da peregrinación a Santiago de Compostela pola Ría de Muros Noia. Historicidade e delimitación do trazado”, unha publicación que é a reprodución literal do “Estudo de...
A Piscina Municipal de Lousame abre as súas portas este luns 27 de xuño
A piscina municipal da Silva abrirá este luns 27 de xuño as súas portas para a temporada de verán, polo que permanecerá aberta os meses de xullo e agosto en horario de 15:00 a 21:00 horas. O Concello de Lousame informa de que xa se poden xestionar os distintos bonos...
A comarca do Barbanza vai coñecer os distintos programas e liñas de axudas en materia de vivenda ás que poden optar os cidadáns e os concellos
A Xunta de Galicia invita ao tecido social da comarca do Barbanza a coñecer os distintos programas e liñas de axudas en materia de vivenda ás que poden optar os cidadáns e os concellos.Esta nova sesión dos encontros informativos #ConstruíndoFogar terá lugar o vindeiro...
Unha trintena de alumnos e alumnas de 4º da ESO do CPI Cernadas de Castro de Lousame celebra o seu acto de gradación
Unha trintena de rapaces e rapazas de 4º da ESO do CPI Cernadas de Castro (Lousame) celebraron esta semana o seu acto de gradación e despedida do centro despois de 13 anos estudando nel. Un emotivo acto ao que asistiu a concelleira de Ensino, Silvia Agrafojo, quen...
A Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia promoverá unha imaxe única nas obras de sinalización
O salón de plenos do Concello de Brión acolleu a asemblea da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia, na que foron aprobadas as contas de 2021 e acordáronse distintas actuacións a acometer nos vindeiros meses. Entre estas actuacións figuran o...
Unha trintena dos maiores que participan nos Obradoiros da Memoria de Lousame celebraron unha festa de fin de curso
Unha trintena de maiores participou este mércores 22 de xuño na festa de fin de curso dos Obradoiros da Memoria do Concello de Lousame 2021-2022. A celebración desenvolveuse nas instalacións do Club de Xubilados de Aldeagrande e nela as participantes nos obradoiros...
Comeza a conta atrás da andaina Os 100 do Barbanza, que este ano vén con 250 participantes
A falta de dous días para o inicio da sétima edición da proba Os 100 do Barbanza, esta importante proba non podía enfiar esta recta final previa á súa celebración da mellor maneira: chegando á destacada cifra de 250 persoas participantes inscritas. Dáse a...
As Brigadas Deseucaliptizadoras poñen o foco en combater a proliferación da acacia na raia galego-portuguesa
As Brigadas Deseucaliptizadoras, impulsadas por Verdegaia dende Lousame (na aldea ecolóxica e sustentábel de Froxán), van estrear este mes, na Serra da Estrela, o proxecto galego-portugués Vémonos no monte!, unha iniciativa de voluntariado e formación ambiental...
Lousame abre a preinscrición nos seus cursos de natación, que terán lugar na piscina municipal da Silva entre xullo e setembro
O Concello de Lousame abre hoxe o prazo de inscrición nos seus tradicionais cursos de natación, nas modalidades de iniciación e perfeccionamento, dirixidos a persoas a partir dos 4 anos. Os cursos terán un prezo de 10 euros por mes e terán lugar ao longo dos meses de...
Volven con forza os Campamentos de Verán de Lousame, que ofrecen este ano 100 prazas
O Concello de Lousame compartiu este martes 14 de xuño os detalles da edición 2022 dos seus Campamentos de Verán, que xa teñen aberto prazo de pre-inscrición e que se van desenvolver entre o 11 e o 15 de xullo en horario de 9:30 a 20:00 horas. A concelleira de...
Convocan manifestacións en Carnota e Noia en defensa do futuro da planta de reciclaxe de Lousame
O comité de empresa da planta de recollida e reciclaxe de lixo da Mancomunidade Serra do Barbanza, xestionada por FCC, anunciou hoxe dúas manifestacións esta semana para denunciar a prácticas antisindicais da concesionaria e para esixir a...
Este 12 de xuño, nova xeira deseucaliptizadora no Portelo da Devesa en Froxán (Lousame)
As Brigadas Deseucaliptizadoras estarán este 12 de xuño realizando labores de erradicación de especies invasoras no Portelo da Devesa en Froxán (Lousame). Con esta nova intervención das Brigadas vaise dar definitivamente rematada a deseucaliptización da área de 6.000...
Dúas novas voluntarias turcas estarán os próximos 10 meses en Lousame colaborando nas actividades culturais, sociais e deportivas
A concelleira de Xuventude, Silvia Agrafojo, e o técnico de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral, presentaron esta mañá Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas, as dúas novas voluntarias europeas que estarán dos próximos 10 meses en Lousame.“Colaborarán xa nos próximos Campamentos de...
Lousame abre do 6 ao 10 de xuño o prazo de inscrición na súa Ludoteca de Verán, que se celebra en xullo e agosto
O Concello de Lousame abre do 6 ao 10 de xuño o prazo de inscrición na súa Ludoteca de Verán, unha iniciativa para a conciliación da vida familiar e laboral que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto. Integrada no programa Lousame Concilia, a Ludoteca de...
50 establecementos do Barbanza adheridos o bono turístico “Quedamos en Galicia 2022″
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, valorou esta mañá a excelente acollida que está tendo esta nova edición do bono turístico “Quedamos en Galicia” que, polo de agora, ten adheridos 50 establecementos da comarca do Barbanza.O delegado territorial subliñou...
O ciclista júnior Roi Jorge Vázquez imponse no DHI Porto de Mós, proba puntuábel para a Taça de Portugal
M.A.- Roi Jorge Vázquez, rider nado en Lousame, vén de acadar a primeira posición en categoría júnior no DHI Porto de Mós de Portugal, quinta e última proba puntuábel da Taça de Portugal Downhill, celebrada a pasada fin de semana. A carreira contou coa presenza dos...
O pleno de Lousame aproba por unanimidade a Relación de Postos de Traballo do Concello
A unanimidade foi a protagonista da sesión plenaria ordinaria de maio do Concello de Lousame xa que todas as propostas saíron adiante co apoio dos tres grupos políticos municipais. Así, o Pleno aprobou de forma definitiva a Relación de Postos de Traballo do Concello...
A andaina Os 100 do Barbanza xa superou as 230 persoas inscritas a un mes do seu inicio
Xa vai quedando menos para o inicio da sétima edición da proba Os 100 do Barbanza, un dos grandes eventos deportivos da tempada de primavera-verán, non só a nivel comarcal, senón tamén galego e estatal. Para facernos unha idea da relevancia desta cita, impulsada polo...
Os montes de Vila Cova, en Lousame, acollen este sábado unha nova xeira deseucaliptizadora
A Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vila Cova, en Lousame, vén de sumarse ao traballo de erradicación de invasoras e plantación de autóctonas das Brigadas Deseucaliptizadoras, impulsadas dende Froxán (tamén no concello de Lousame). Esta alianza collerá...
A Policía Autonómica e a UIFO esclarecen catro incencios na Pobra, Lousame e Santiago
A Policía Autonómica e a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural esclareceron catro incendios na provincia da Coruña, dous deles acontecidos na Pobra do Caramiñal o 9 e o 15 de maio, un lume rexistrado o día 14 de maio en...
Lousame volve reivindicar un Día das Letras Galegas para Diego Antonio Zernadas de Castro, o cura de Fruíme
Un ano máis, o Concello de Lousame reivindica a dedicatoria dun Día das Letras Galegas á figura de Diego Antonio Zernadas de Castro, máis coñecido como o cura de Fruíme. Unha demanda reiterada hoxe durante a tradicional ofrenda floral diante do busto dedicado a...
Lousame celebra a II Xuntanza de Persoas Maiores
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu á segunda xuntanza de persoas maiores organizada polo Concello de Lousame. Durante o encontro destacou a importancia de recuperar estes eventos para que as persoas maiores retomen...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“La mesa y las coas asombrosas”. Xosé Antonio López Silva
Un viernes de noviembre, a altas horas de la noche, llegamos a casa de mis abuelos paternos, en el municipio de Santiso. Llovía a cántaros. Estaba cansado y hambriento. El viaje, decidido de repente, se me había hecho eterno, cabeceando entre el mal tiempo y el calor...
“Ceuta, la cura antes de la pregunta”. Alberto Barciela
Siquiera la inteligencia artificial sabría responder con equidad a algo tan profundamente humano como lo ocurrido en las fronteras, y en particular en Ceuta. No es cuestión de máquinas, ni de maquinaciones siquiera. Hay política sí en cada movimiento porque hay...
“Comisadas 1,215 nasas e 61 cacharros de polbo” – Antón Luaces
Gardacostas de Galicia comisou 372 quilos de marisco e peixe e preto de 1.300 aparellos ilegais (nasas e cacharros para a campaña do polbo) noutra semana contra o furtivismo en distintos puntos do litoral galego. O balanzo dos operativos de vixilancia e loita contra...
“El cauce seco del río Mandeo” – José Castro López
En agosto regresé a mi aldea de Sobrado dos Monxes al encuentro familiar y con los paisajes de la infancia. Como otras veces, me acerqué al río Mandeo que discurre por aquellos parajes a unos cinco kilómetros de su nacimiento en O Marco das Pías, y encontré el cauce...
“La influencia pierde credibilidad” – José Antonio Constenla
Durante años, los influencers parecieron destinados a convertirse en los nuevos protagonistas de la comunicación. Desde sus casas, hablaban de viajes, enseñaban sus compras y compartían hasta los detalles más insignificantes de su existencia. Cualquiera podía...



























