Volven con forza os Campamentos de Verán de Lousame, que ofrecen este ano 100 prazas

14 Xuño 2022

O Concello de Lousame compartiu este martes 14 de xuño os detalles da edición 2022 dos seus Campamentos de Verán, que xa teñen aberto prazo de pre-inscrición e que se van desenvolver entre o 11 e o 15 de xullo en horario de 9:30 a 20:00 horas. A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, destacou que “logo de dous anos alterados pola pandemia, os campamentos volven á normalidade e retoman tanto o seu formato de todo o día como a súa variada programación de ocio, incluídas varias saídas ao Aquapark Cerceda e a unha travesía en Barco Dragón pola ría de Muros-Noia”.

Agrafojo e o técnico de Cultura Eduardo Agraso sinalaron que malia as moitas consecuencias negativas da pandemia, houbo algúns achados importantes en relación aos campamentos de verán e outras actividades culturais do concello, por exemplo o sistema de reserva de praza a través de bandoticket.com, que se vai manter, así como tamén o dispositivo para levar e recoller as crianzas no Polideportivo Pilar Barreiro Senra. “Para evitar atascos, manteremos a dirección única de forma que as familias chegarán por diante da piscina e sairán cara o colexio despois de deixar ou recoller á crianza”, explicou Eduardo Agraso.

O Concello de Lousame convoca 100 prazas, dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos de idade. O proceso de preinscrición estará aberto ata o 17 de xuño para veciños e veciñas do termo municipal, e do 18 ao 30 de xuño para persoas non empadroadas no municipio. Os campamentos desenvolveranse do 11 ao 15 de xullo, en horario de 9:30 a 20:00 horas, “con posibilidade de recoller á crianza antes no caso de que a familia así o necesite e xustifique”, puntualizou Silvia Agrafojo, quen aproveitou para agradecer a colaboración dos técnicos de Cultura, Xuventude e Deporte, así coma do voluntariado local, na organización desta actividade.

Barco Dragón

Agrafojo e Agraso tamén salientaron que “os campamentos de verán de Lousame retoman as actividades lúdicas, culturais, deportivas e de natureza que tanto éxito tiveron en pasadas edicións como as saídas á piscina, a excursión ao Aquapark de Cerceda, os inchábeis, o tiro con arco, a festa da escuma, a carreira holy race, a velada nocturna, as actividades de zumba ou a gran festa acuática de despedida”.

O técnico de Deportes, Germán Romero, foi o encargado de presentar a novidade dos campamentos deste ano: o Barco Dragón. “Trátase”, dixo, “dunha actividade nova para toda a rapazada e que é totalmente inclusiva, pois todas as persoas que participan teñen a mesma responsabilidade”, sinalou, engadindo que a actividade está organizada polo Club de Remo Taxamar de Outes, en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo. Así, a rapazada desprazarase ata as instalacións do club en Outes e farán un percorrido ata a Ponte de Ceilán en grupos de 20 ou 30 pequenos.

Outra da estrelas da programación será a volta a Lousame do inchábel máis longo de Galicia, o Desafío Shinobi. Máis de 130 metros de inchábeis pensados como unha proba de obstáculos con escalada e saltos que combina potencia física con habilidade.

Finalmente, o técnico de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral, puxo en valor o labor do voluntariado xuvenil nos Campamentos de Verán: “Haberá 3 voluntarios por cada grupo de 10 nenos e nenas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.