Os concellos da nosa comarca celebran o Día da Diversidade coa campaña “Liberdade de ser e sentir”

28 Xuño 2022

Este 28 de xuño a nosa comarca festexa o Día das Diversidades Sexuais, dirixido a “sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero”. Ás celebracións uníronse todos os concellos do Barbanza con axendas de actividades que incrementan as propostas con respecto ás de anteriores edicións. Entre estas propostas atópase novamente a campaña común Liberdade de ser e sentir, impulsada pola Deputación e que chega este martes 28 ao seu punto culminante. Á campaña están adheridos todos os concellos da nosa comarca: Boiro, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Noia, Outes, Muros e Lousame. Todo o programa de actividades pode consultarse na web habilitada pola Deputación.

Actividades

-Para público infantil. organización de 15 obradoiros presenciais A vida é de cores! Unha educación alén do branco e negro, orientados á rapazada de 5 a 7 anos. Durante os talleres as nenas e os nenos achegaranse mediante o xogo ás diversidades afectivo-sexuais, co obxectivo de favorecer o bo trato e os coidados, así como previr o rexeitamento e o auto-rexeitamento por motivos de orientación ou identidades e aprender a poñer límites e expresar os afectos de maneira saudable. Estes 15 obradoiros impartiranse en 15 concellos da provincia entre o 27 de xuño e o 13 de xullo. Para determinar cales serán os 15 concellos onde se van desenvolver os obradoiros farase un sorteo entre todas as solicitudes.

-Actividade para a mocidade. Subirase a web do programa un xogo de pistas, pensado para exteriores, aproveitando as datas estivais a posibilidade de que os concellos e as entidades queiran incorporar a actividade ás súas programacións de verán,  campamentos, etc. O xogo estará dispoñible desde o 27 de xuño.

-Actividade para público adulto/familiar. O sábado 2 de xullo, en horario de mañá, está prevista a celebración dunha palestra presencial e retransmitida por streaming na que a sexóloga Martina González Veiga achegará a conceptos e termos relacionados coas diversidades sexo-afectivas, así como a abordaxe do respecto e acompañamento ás diversidades dende o ámbito familiar e educativo.

Na web da campaña irase actualizando información e recursos para que concellos e entidades poidan traballar coa veciñanza. Na actualidade están dispoñíbeis un feixe de contidos, como vídeos de colectivos LGTBAQI+, pílulas informativas, un xogo interactivo, unha webserie e outro material recompilado ao longo das anteriores edicións.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.