CONGALSA mostra as súas referencias gastronómicas ás amas de casa de Ribeira

21 Outubro 2026
De esquerda a dereita Isabel Cañas, Purificación Cores, Irene Souto e David Campelo

A empresa da nosa comarca CONGALSA mostrou esta mañá os seus procesos de calidade e seguridade alimentaria á Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de Ribeira, así como as prácticas de innovación e sustentabilidade que forman parte da súa actividade cotiá. Da man da responsábel de Compliance e Sustentabilidade Corporativa, Irene Souto, o grupo recibiu explicacións sobre todas estas premisas que guían a folla de ruta da firma.

Tras a visita, as persoas participantes na experiencia gastronómica e empresarial puideron gozar dalgunhas das solucións culinarias que ofrece a compañía e que o xefe de Marketing, David Campelo, encargouse de poñer en valor. Destacou que a empresa aposta por actualizar as súas receitas tradicionais, como as empanadillas de atún, produto emblemático comercializado baixo a marca Ibercook Food Service, orientada a profesionais. Evolucionaron para ofrecer unha masa máis crocante un recheo máis abundante, cun 25% adicional de atún, conseguindo así un sabor máis intenso, sinalou.

As amas de casa de Ribeira coñecen de primeira man os procesos de calidade e sustentabilidade da empresa da man de Irene Souto

Á vez, mellorouse a elaboración das empanadillas de polo tex-mex con follado máis lixeiro e crocante dentro da súa gama Ibercook Fun Food, dirixida ao consumidor final. “Pensadas para responder as necesidades das familias de hoxe en día, ofrecen unha alternativa saborosa e práctica, que pode prepararse facilmente no forno ou na fritidora de aire”, afirmou David Campelo, engadindo que “resulta fundamental escoitar a quen incorpora as nosas referencias á súa alimentación cotiá porque deste xeito podemos coñecer as súas preferencias e identificar oportunidades de mellora para seguir promovendo produtos compatibles coas necesidades reais dos nosos consumidores finais”.

As 21 amas de casa que visitaron a empresa degustaron, así mesmo, cinco dos seus últimos lanzamentos, presentados recentemente no referencial salón vigués Conxemar: os tacos de abadexo en tempura; as porcións de abadexo, acompañadas de espinaca ou tomate; o lagostino crunchy; os mini-rolos de lagostino ou o finger de polo, produtos “todos eles que responden á demanda de solucións gastronómicas versátiles e de calidade”, sinalaron dende CONGALSA.

Isabel Cañas recibe á presidenta da asociación á que entregan unha reprodución en miniatura dunha dorna

Purificación Cores, presidenta da asociación, aludiu á calidade dos produtos da empresa e recomendou o seu consumo: “Teño que aconsellar á xente que os probe porque valen a pena e van quedar encantadísimos”.

Na xornada participou tamén a directora de Relacións Externas, Isabel Cañas, que fixo alusión á estreita vinculación que ambas as entidades manteñen desde hai anos. Esta relación materializouse en distintas iniciativas de colaboración conxuntas. “É importante para nós manter estes vínculos con entidades que desempeñan un papel tan implicado na vida social da comarca do Barbanza”, rematou Cañas.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.