O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

21 Outubro 2026

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente.

A tenente de alcalde, María José Maroñas, acompañada polo concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, Juan José Calo, recolleu o distintivo nun acto celebrado en Vedra, que contou coa participación da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez.

Segundo fixeron saber Maroñas e Calo, para o Concello do Son “a concesión desta sexta Bandeira Verde constitúe un novo recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno sonense neste ámbito e reforza o seu compromiso coa conservación da contorna natural e coa promoción dun modelo de desenvolvemento máis sostíbel”.

Maroñas destacou “o traballo realizado polo Goberno dirixido por José Luis Oujo na protección do patrimonio natural e paisaxístico e para avanzar cara a un territorio máis respectuoso co medio ambiente e coa calidade de vida da veciñanza”.

A Bandeira Verde de Galicia ten como obxectivo distinguir e dar visibilidade ás administracións locais que impulsan boas prácticas relacionadas coa ordenación do territorio, a protección ambiental e paisaxística, a loita contra o cambio climático, a eficiencia enerxética, a xestión responsable dos residuos e a sensibilización cidadá.

Nesta mesma convocatoria, a Xunta de Galicia concedeu un total de 39 Bandeiras Verdes a outros tantos concellos, seis máis que en 2025.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.