Unha trintena dos maiores que participan nos Obradoiros da Memoria de Lousame celebraron unha festa de fin de curso

23 Xuño 2022

Unha trintena de maiores participou este mércores 22 de xuño na festa de fin de curso dos Obradoiros da Memoria do Concello de Lousame 2021-2022. A celebración desenvolveuse nas instalacións do Club de Xubilados de Aldeagrande e nela as participantes nos obradoiros estiveron acompañados pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e a concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo.

Teresa Villaverde e Silvia Agrafojo entregaron cadanseus diplomas acreditativos ás persoas participantes nos obradoiros e instáronas a “seguir participando nas distintas actividades para adultos que se organizan no Concello de Lousame” e a convidar aos veciños e veciñas a sumarse a elas, sobre todo despois dunha pandemia sanitaria que fixo que moitas persoas maiores continúen sen saír da casa.

Tras a merenda, o grupo O Son do Pote tocou algunhas pezas no exterior do club e non foron poucas as persoas que se animaron a botar unhas bailas, incluídas as voluntarias acabadas de arribar a Lousame, Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas, as dúas voluntarias turcas que participan no programa de Voluntariado Europeo e que comezan a colaborar nas actividades que desenvolve o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.