Lousame solicita unha subvención nominativa de 70.000 euros á Deputación para a mellora dun viario en Croído

29 Xuño 2022

O pleno municipal de Lousame, reunido na noite de onte en sesión extraordinaria e urxente, aprobou a solicitude dunha subvención nominativa de 70.000 euros á Deputación da Coruña para o proxecto “Mellora do viario en Croído”. Un proxecto de inversión de 99.435,63 euros (IVE Incluído) no que o Concello de Lousame achegaría os 29.435,63 euros restantes.
A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explicou que se trata “mellorar a seguridade viaria do camiño, reparar o pavimento do mesmo e dar continuidade á rede de servizos públicos na zona: auga, alumeado…”. A proposta foi aprobada sen debate cos votos a favor de PP e PSOE, e coa abstención do BNG.
Finalmente, o Pleno aprobou por unanimidade destinar os 154.438 euros do POS+ Adiciona 2/2022 a gasto corrente “e paliar as subidas da luz e dos carburantes, porque as facturas estanse practicamente duplicando”, apunta Villaverde Pais. Neste sentido, especificou que facturas de entre 10.000 e 13.000 euros por consumo eléctrico levan xa varios meses nos 25.000 euros. “É unha barbaridade”, lamentou a alcaldesa. A proposta foi aprobada polos tres grupos municipais sen debate.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.