A Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia promoverá unha imaxe única nas obras de sinalización

23 Xuño 2022

O salón de plenos do Concello de Brión acolleu a asemblea da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia, na que foron aprobadas as contas de 2021 e acordáronse distintas actuacións a acometer nos vindeiros meses. Entre estas actuacións figuran o desenvolvemento dun plan de sinalización do Camiño e a realización de diversas actuacións de mellora no seu trazado.

A presidenta da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia e alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, fixo fincapé na necesidade de “manter unha imaxe única para o Camiño e que todas as actuacións que se fagan non só sexan respectuosas co patrimonio senón que manteñan unha uniformidade para así lograr unha imaxe única para todo o trazado”. Unha uniformidade que se reforzará a través do plan de sinalización do Camiño, que se acometerá durante os próximos meses grazas á colaboración do Xeodestino Muros-Noia.

Cesión da marca Portus Apostoli

Teresa Villaverde apostou por seguir facendo actuacións de promoción do Camiño a Santiago pola ría de Muros-Noia e anunciou “a chegada de importantes grupos de peregrinos durante o verán, para o que será preciso coordinar esforzos entre todos os municipios presentes á hora de buscarlles acollida”. Unha actividade de promoción á que se incorporará a marca Portus Apostoli, cuxo uso foi cedido á Asociación por parte do pleno municipal de Noia. Villaverde Pais agradeceulle aopPleno e, nominalmente, ao alcalde de Noia, Santiago Freire, a cesión desta marca, que será empregada para a promoción turística e cultural do Camiño a Santiago pola ría.

Peregrinacións en Brión

Finalmente, a asemblea tamén deu o visto bo a unha petición do Concello de Brión para desviar uns metros o trazado do Camiño ao seu paso por Gundín para “así evitar unha zona perigosa onde os peregrinos tiñan que compartir calzada con vehículos que pasan a gran velocidade por unha curva de escasa visibilidade”.

Pola súa banda, o alcalde de Brión, Pablo Lago, quen actuou como anfitrión desta asemblea, agradeceu a Teresa Villaverde a idea de rotar as asembleas polos distintos municipios membros e aproveitou para anunciar que o Concello de Brión vai poñer en marcha unha iniciativa durante este verán para que os veciños e veciñas que o desexen poidan realizar o Camiño a Santiago pola ría de Muros-Noia en varios fins de semana.

A asemblea da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia contou coa participación da alcaldesas de Lousame, Teresa Villaverde, e Muros, Inés Monteagudo; e dos alcaldes de Brión, Pablo Lago; Noia, Santiago Freire; Outes, Manuel González; Porto do Son, Luis Oujo; así como dos tenentes de alcalde de Ames, Manuel Lens; e Rois, Manuel dos Santos. Santiago escusou a súa asistencia.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.