A Deputación abre o prazo para usar os descontos de 100 euros de MercaNaVila

20 Outubro 2026

A cidadanía xa pode descargar os bonos desconto de MercaNaVila 2026, a campaña da Deputación da Coruña que permite aforrar ata 100 euros nas compras realizadas nos pequenos comercios dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. Segundo confirmou a Administración provincial, os bonos están dispoñíbeis na páxina web mercanavila.gal e poderán utilizarse ata o vindeiro 20 de novembro ou ata o esgotamento do crédito.

A segunda edición do programa, dotada con 5 millóns de euros, comezou hoxe cunha elevada demanda, segundo confirmou a Deputación, que sinala que “durante a primeira hora descargáronse máis de 6.000 bonos, unha cifra que reflicte a gran expectación xerada pola campaña e a boa acollida desta iniciativa de apoio ao comercio de proximidade”.

A Deputación, ante “o elevado interese que tamén está a espertar entre os establecementos comerciais”, decidiu ampliar ata o 20 de novembro o prazo de adhesión dos negocios, co obxectivo de facilitar a participación do maior número de pequenos comercios. Así, os establecementos que o desexen poderán seguir sumándose á campaña.

Presentación en Noia de MercaNaVila, co presidente provincial (Valentín González) e os alcaldes de Noia e Boiro

Ata o momento rexistráronse máis de 1.200 solicitudes de adhesión de comercios, “unha cifra que supera á do ano pasado e continúa medrando día a día grazas á difusión da campaña por parte dos propios comerciantes”, informou a Administración provincial.

A ampliación do prazo permitirá incorporar novos establecementos durante todo o desenvolvemento da campaña, especialmente pequenos negocios tradicionais que non participaron na anterior edición ou que teñen maiores dificultades para acceder a este tipo de iniciativas.

Para facilitar a súa incorporación, a Deputación, en colaboración coa Federación Galega de Comercio, está a desenvolver un labor de información, asesoramento e acompañamento aos comerciantes, axudándoos a realizar os trámites de inscrición e a utilizar as ferramentas dixitais necesarias para aplicar os descontos. O obxectivo é que ningún establecemento que cumpra os requisitos quede fóra da campaña por falta de información ou por dificultades tecnolóxicas.

Como funcionan os bonos de 100 euros?

MercaNaVila permite ás persoas maiores de idade acceder a descontos acumulados de ata 100 euros nas súas compras nos establecementos adheridos.

Os descontos aplícanse directamente no momento da compra, en función do importe:

· 10 euros de desconto en compras de entre 20 e menos de 30 euros.

· 20 euros de desconto en compras de entre 30 e menos de 50 euros.

· 30 euros de desconto en compras iguais ou superiores a 50 euros.

Os bonos poden descargarse desde hoxe en mercanavila.gal e utilizarse ata o 20 de novembro, sempre que exista crédito.

A campaña está dirixida especificamente aos comercios dos municipios de menos de 20.000 habitantes, nos que o pequeno comercio desempeña un papel esencial na economía local, na creación de emprego e no mantemento da actividade nas vilas.

Ao mesmo tempo, tal como avanzou o presidente da Deputación na presentación do programa o pasado 2 de outubro, a Deputación traballa xa na busca de acordos coas asociacións de comerciantes dos concellos de entre 20.000 e 50.000 habitantes para impulsar programas específicos de apoio ao comercio local adaptados ás características destes municipios. A idea, sinalou, “é estender esta política de apoio a todo o territorio, pero facéndoo da man do sector e deseñando medidas que respondan ás necesidades reais e concretas de cada tipo de concello”.

Un programa que mobilizou 16 millóns de euros en vendas en 2025

A segunda edición de MercaNaVila dá continuidade á iniciativa tras o bos resultados acadados o pasado ano e atendendo así a demanda do sector, que, segundo informa a Deputación, “ve en MercaNavila un estímulo para impulsar as vendas nun período no que tradicionalmente non se producen moitas vendas, xa que non coincide con outras campañas como o Black Friday ou a campaña de Nadal”.

Nesta nova convocatoria, a Deputación destina 5 millóns de euros a incentivar as compras nos pequenos municipios e ampliar o número de comercios beneficiarios.

A institución provincial destaca tamén que “a elevada demanda rexistrada desde as primeiras horas e o crecente interese dos establecementos amosan a capacidade de MercaNaVila para dinamizar as economías locais e apoiar a continuidade dos negocios de proximidade, especialmente nos municipios de menor poboación”.

Outros artigos

Ribeira organiza unha charla sobre compostaxe doméstica e comunitaria

O Concello de Ribeira organiza a charla Compostaxe doméstica e comunitaria, unha actividade que busca achegar á veciñanza as claves para transformar osresiduos orgánicos en compost e darlles unha segunda vida. A cita será o mércores 21 de outubro, ás 19:30 horas, no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.