
O Concello de Ribeira organiza a charla Compostaxe doméstica e comunitaria, unha actividade que busca achegar á veciñanza as claves para transformar os
residuos orgánicos en compost e darlles unha segunda vida. A cita será o mércores 21 de outubro, ás 19:30 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas.
Durante a sesión abordaranse as posibilidades da compostaxe tanto no ámbito do fogar como nos espazos compartidos, unha práctica que contribúe a reducir a cantidade de residuos, a mellorar a xestión da materia orgánica e a obter un recurso útil para hortas e xardíns.
Con esta iniciativa, o Concello de Ribeira continúa a promover hábitos sostibles entre a cidadanía e a fomentar a participación na economía circular a nivel local.
A actividade conta co apoio da Xunta de Galicia e do Xacobeo 2027, e está co-financiada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), Programa Galicia FEDER 2021-2027.



