Noia volverá ser un referente audiovisual a partir do 3 de novembro coa XXVII Mostra de Curtas

21 Outubro 2026

A Mostra de Curtas Vila de Noia chegará este ano á súa XXVII edición, entre o 3 e o 14 de novembro, novamente co Coliseo Noela como centro neurálxico de operacións.

Segundo fixo saber a área municipal de Cultura, a axenda deste ano vén especialmente ateigada de proxeccións, con máis días de actividades (11 xornadas), máis estreas, máis propostas profesionais (a través do apartado Curtas Noia Industry Lab) e máis actividades en xeral.

En total, proxectaranse 54 curtametraxes seleccionadas entre máis de 1.300 propostas recibidas. Amais, uns 4.000 escolares participarán nas actividades infantís de Curtacativa.

Segundo informaron os organizadores na presentación do programa (celebrada esta semana), esta nova entrega do certame terá unha lembranza ao castañeiro Serafín, homenaxe que se percibe no propio cartaz oficial, creado polo artista local Guille Somoza, no que se rende tributo a unha persoa moi querida por varias xeracións de noieses e noiesas.

Tamén se fixo saber que o programa inclúe a proxección de relevantes pezas internacionais como documental El silencio de Sara Sálamo (sobre o futbolista Isco Alarcón), a curtametraxe El sueño de Ailan de Álex Agüera, ou as presentacións de Ágata y Lola.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.