“Comisadas 1,215 nasas e 61 cacharros de polbo” – Antón Luaces

25 Agosto 2026

Gardacostas de Galicia comisou 372 quilos de marisco e peixe e preto de 1.300 aparellos ilegais (nasas e cacharros para a campaña do polbo) noutra semana contra o furtivismo en distintos puntos do litoral galego. O balanzo dos operativos de vixilancia e loita contra do furtivismo realizados entre o 17 e o 23 de agosto saldouse coa tramitación de 31 actas de presunta infracción e incautación.

Nas operacións participaron unidades operativas de Ferrol, Portosín, Muxía, Vigo e Servizos Centrais, tanto mediante patrullas terrestres como a bordo de diferentes embarcacións do Servizo. Os controis abrangueron zonas das trías de Arousa, Ferrol, Pontevedra, Vigo e Muros – Noia, así como distintos puntos do litoral de Camariñas, Corcubión e O Ézaro.

Dáse a circunstancia de que a maior parte dos aparellos ilegais incautados estaban destinados a seren utilizados na captura de polbo, unha especie de cefalópodo ben escasa nas campañas deste ano e que, segundo distintas fontes está a ser capturada en cantidades nunca acadadas ata o de agora nas costas británicas.

Nas incautacións levadas a cabo en Galicia é precisamente a do polbo a máis importante: 269,5 quilos, seguida de 44,1 quilos de nécora, 25 de navalla, 11,5 de de centola, 7 de congro, 6 de ameixa xapónica  moi inferiores de santiaguiño e camarón.

A práctica totalidade do marisco e peixe comisado que permanecía vivo foron devoltos mao mar para preservar os recursos mariños e colaborar na actividade profesional do sector pesqueiro e marisqueiro galegos.

Semella incomprensible a existencia desta actividade furtiva que, se existe, é grazas en grande medida a que hai un mercado que contribúe á súa pervivencia e a que somos os propios consumidores os que a alentamos, sabedores de que pagamos menos polo que consumimos en bares e restaurantes porque estes se subministran de peixe e marisco obtidos ilegalmente. Porque, aínda que o neguemos tallantemente, os consumidores somos sabedores de cales son os locais nos que se pode consumir a prezos nunca xustificados ese peixe ou marisco nunca comprado en prazas ou mercados.  

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.