Lousame abre a preinscrición nos seus cursos de natación, que terán lugar na piscina municipal da Silva entre xullo e setembro

15 Xuño 2022

O Concello de Lousame abre hoxe o prazo de inscrición nos seus tradicionais cursos de natación, nas modalidades de iniciación e perfeccionamento, dirixidos a persoas a partir dos 4 anos. Os cursos terán un prezo de 10 euros por mes e terán lugar ao longo dos meses de xullo e agosto na piscina municipal da Silva.
O Concello de Lousame convoca un total de 68 prazas e organiza tres grupos de idade. Así, haberá 24 prazas para nenos e nenas de 4 a 6 anos, que terán clase de 12:30 a 13:00 horas e de 13:00 a 13:30 horas. Para os rapaces e rapazas de 7 a 10 anos haberá 20 prazas, con sesións de 11:30 a 12:30 horas. Finalmente, as persoas maiores de 11 anos terán clase de natación de 10:30 a 11:30 horas, con 24 prazas dispoñibles.
Os cursos comezarán o luns 4 de xullo. Preinscricións a través de Bandoticket.com do 15 ao 24 de xuño (persoas empadroadas en Lousame) e do 25 ao 30 de xuño (non empadroadas).
As admisións faranse por rigorosa orde de inscrición. Máis información no Departamento de Deportes ou chamando ao teléfono 981 825 780.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.