Convocan manifestacións en Carnota e Noia en defensa do futuro da planta de reciclaxe de Lousame

13 Xuño 2022

O comité de empresa da planta de recollida e reciclaxe de lixo da Mancomunidade Serra do Barbanza, xestionada por FCC, anunciou hoxe dúas manifestacións esta semana para denunciar a prácticas antisindicais da concesionaria e para esixir a implicación dos concellos para solucionar os problemas que ameazan o seu futuro. As mobilizacións serán o mércores, ás 12 horas, en Carnota, e o domingo, ás 12 horas, en Noia.

A planta de Lousame, posiblemente a mellor planta de reciclaxe do Estado español, arrastra desde hai anos unha serie de problemas que ameazan o seu futuro, en boa medida pola «nefasta» xestión por parte dos Concellos que integran a Mancomunidade. Isto levou o persoal a mobilizarse xa en diversas ocasións no último ano.

Falta de investimento nas instalacións, medios obsoletos e constantes problemas xudiciais entre a institución supramunicipal e a concesionaria son algunhas das eivas que foron lastrando as prestacións da planta. O último capítulo é a pretensión da Mancomunidade de prorrogar o contrato con FCC sen introducir melloras e, por riba, suprimindo a quenda de noite, o que provocará a perda de numerosos postos de traballo.

O comité solicitou en reiteradas ocasións a colaboración da Xunta de Galicia, pero a Administración autonómica deixou claro que a súa aposta é o modelo de Sogama, a incineración. Tamén se procurou apoio da Deputación da Coruña, cuxo presidente manifestou nunha reunión a comezos de ano a súa coincidencia coas reivindicacións dos representantes do persoal.

Unha das principais demandas é que se nomee un xerente ou xeranta da Mancomunidade, pois un dos problemas detectados é a falta de xestión, derivada en boa medida de que a presidencia do organismo é rotatoria —actualmente preside o alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, do PSdeG.

Tamén houbo unha xuntanza co propio Saborido, para trasladarlle os acordos a que se chegara co presidente da Deputación. O rexedor carnotán manifestou verbalmente que se traballaría nesa liña, pero finalmente o comité acabou coñecendo extraoficialmente que a proposta será outra, a prórroga con recortes.

Esta situación súmase ao que CCOO cualifica de «prácticas antisindicais» da empresa e que afectan aos distintos sindicatos. No caso de Comisións, a sanción «inxustificada» de quince días de suspensión de emprego e soldo contra un delegado deste sindicato, así como a negativa a que outro compañeiro do sindicato forme parte do comité de seguridade e saúde laboral. «Estas prácticas están sendo analizadas polos nosos servizos xurídicos», sinalou Ricardo Santos, secretario de Comunicación de CCOO-Hábitat.

Por todo isto, o comité de empresa, integrado por CCOO, CIG e UGT, acordou retomar as mobilizacións esta semana, esixindo que os Concellos se impliquen na procura dunha solución.

Manifestacións

— Mércores, 15 de xuño, ás 12 h (Carnota). Saída da Churrascaría e remate diante do Concello.

— Domingo, 19 de xuño, ás 12 horas (Noia). Saída de Alexandre Cadarso e remate diante do Concello.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.