As Brigadas Deseucaliptizadoras poñen o foco en combater a proliferación da acacia na raia galego-portuguesa

20 Xuño 2022

As Brigadas Deseucaliptizadoras, impulsadas por Verdegaia dende Lousame (na aldea ecolóxica e sustentábel de Froxán), van estrear este mes, na Serra da Estrela, o proxecto galego-portugués Vémonos no monte!, unha iniciativa de voluntariado e formación ambiental transfronteiriza que durante o próximo ano e medio realizará múltiples actuacións para combater especies de flora invasoras en diferentes espazos naturais galegos e portugueses, con especial incidencia nas do xénero acacia.

A iniciativa lánzase partindo dos catro anos de experiencia das Brigadas Deseucaliptizadoras, proxecto de voluntariado lanzando por Verdegaia em 2018 e premiado internacionalmente, a través da asociación de colaboración entre a Fundación CEER (Rede de Universidades da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal), a Fundación Montescola e o colectivo portugués À Escuta, contando co financiamento do programa europeo Erasmus+.

Ao longo de 18 meses, Vémonos no Monte! desenvolverá un programa de actividades composto por xornadas de intervención teórico-prácticas sobre erradicación e control de especies exóticas, seminarios transfronteirizos e obradoiros de capacitación técnica, entre outras iniciativas que inclúen a elaboración de materiais educativos.

Do 24 ao 26 de xuño unha trintena de voluntarias galegas partirá para o Parque Natural da Serra da Estrela, onde se xuntarán con outras tantas voluntarias portuguesas para eliminar mimosas (Acacia dealbata) na Ribeira do Alvôco, nun campamento que incluirá obradoiros con investigadoras das universidades de Santiago de Compostela e Coimbra. No fin do verán, serán as voluntarias de Portugal as que devolvan a visita para unha intervención na Galiza.

No fin do ano celebrarase un encontro de voluntariado e formación na raia, no que un cento de voluntarias intervirán durante un campamento de fin de semana tanto nos baldíos do Parque Nacional do Gerês, do lado portugués, como nunha das comunidades de montes contigua xa dentro do Parque Natural do Xurés, do lado galego.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.