Lousame presentou os seus proxectos de voluntariado xuvenil, adultos e europeo no VII Congreso Galego de Voluntariado

01 Xullo 2022

O técnico coordinador do Voluntariado municipal de Lousame, José Manuel Outeiral, vén de participar como poñente no VII Congreso Galego de Voluntariado, celebrado esta semana no Pazo de Sober (Lugo) e organizado pola Consellería de Política Social e Xuventude. Outeiral tomou parte na mesa redonda titulada “Proxectos innovadores no ámbito da acción voluntaria”, no que presentou os distintos proxectos que se están levando a cabo con éxito no municipio en materia de voluntariado xuvenil, de adultos e
europeo.
“O Concello de Lousame foi un dos primeiros concellos de Galicia que implantou o voluntariado e está levando nos últimos anos diferentes proxectos de voluntariado xuvenil e sénior. Ademais é unha das poucas entidades municipais que desenvolve hoxe en día proxectos de voluntariado europeo”, destaca José Manuel Outeiral, quen acudiu ao evento acompañado polas dúas voluntarias europeas, Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas.
Outeiral explica que “a través deste encontro entre entidades e persoas voluntarias de toda Galicia se pretendía trasladar a toda a sociedade a forza que ten a acción voluntaria para mellorar e transformar a realidade e animar a todas as persoas a sumarse a actividades solidarias. Algo do que somos plenamente conscientes en Lousame, pois a participación do voluntariado é fundamental á hora de poder realizar múltiples actividades culturais, sociais e deportivas”. Neste sentido, lembra que “Lousame é o único concello do Barbanza que leva conxuntamente programas de voluntariado xuvenil, sénior e europeo á vez”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.