Este 12 de xuño, nova xeira deseucaliptizadora no Portelo da Devesa en Froxán (Lousame)

09 Xuño 2022

As Brigadas Deseucaliptizadoras estarán este 12 de xuño realizando labores de erradicación de especies invasoras no Portelo da Devesa en Froxán (Lousame). Con esta nova intervención das Brigadas vaise dar definitivamente rematada a deseucaliptización da área de 6.000 m2 de Portelo da Devesa xestionada por Montescola.

A roga comezará ás 09:30 da mañá e teremos como punto de encontro o Chán de Avelán (tamén coñecido como “As Minas de San Fins”). O traballo consistirá no apeo dos últimos eucaliptos en pé e a eliminación dos rebrotes existentes.

As Brigadas comezaron a súa andadura en Froxán en 2018 e desde aquí expandíronse a outras áreas do país xestionadas por entidades privadas que fan custodia do territorio ou mancomunidades de montes. Nesta ocasión é a Fundaçom Montescola a que xestiona a área do Portelo da Devesa e que co traballo das Brigadas conseguirá con esta nova intervención eliminar os eucaliptos desta zona, que posteriormente será recuperada con especies autóctonas.

No concello de Lousame contan tamén coa nova área incorporada ás Brigadas da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Vila Cova na que se realizou a primeira intervención o pasado 21 de maio.

As Brigadas Desucaliptizadoras son unha iniciativa da Asociación Ecoloxista Verdegaia que teñen como obxectivo mobilizar, organizar e coordinar persoas de todo o país con vontade de botarse ao monte para realizar accións de voluntariado ambiental en colaboración coas titulares de terreos con valores ambientais degradados ou ameazados pola eucaliptización e outras especies exóticas invasoras. Mediante a erradicación destas especies e a súa substitución por outras autóctonas de alto valor ecosistémico. As accións das Brigadas teñen como obxectivo que as zonas intervidas non volten a ser pasto do lume e que sirvan como zonas protectoras, actuando como cortalumes verdes e corredores de biodiversidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.