A Carballeira de Caldas de Reis acolleu este mércores o segundo Living Lab do proxecto europeo TRAP (Transforming Rivers by Reducing Aquatic Plastic Pollution), unha iniciativa transnacional co-financiada polo programa Interreg Atlantic Area da Unión Europea que busca...
Javier Lago presentará este sábado en Boiro o directo eléctrico de Chacal
Javier Lago, foto de Leo López O músico galego Javier Lago continúa a presentación en directo das novas composicións que forman parte da segunda entrega da súa EP Chacal. Tras o arranque da súa xira de outono, a seguinte parada terá lugar este sábado 24 de outubro ao...
O Concello de Boiro promove un curso de introdución á lingua e cultura galegas
O Concello de Boiro vai levar a cabo ao longo deste ano un novo curso de galego dirixido a persoas adultas interesadas na aprendizaxe da lingua e a cultura galegas nun nivel inicial. O curso comeza o vindeiro martes 27 de outubro e para participar é necesario...
Os comerciantes da AER critican que se exclúa a Ribeira da campaña de dinamización comercial da Deputación: MercaNaVila
Os comerciantes de Ribeira reuníronse este martes 20 de outubro no local da AER (Asociación de Empresarios de Ribeira) para manifestar o seu malestar polos criterios de acceso á campaña MercaNaVila 2026, impulsada pola Deputación da Coruña e dotada con cinco millóns...
O Cidade de Ribeira de Taekwondo reunirá a máis de 600 deportistas do panorama nacional e internacional
Máis de 600 deportistas daranse cita na vixésimo quinta edición do Cidade de Ribeira de Taekwondo que organiza o Club Natural Sport, coa colaboración do Concello, no Pavillón da Fieiteira durante esta fin de semana. A xornada do sábado, 24 de outubro, concentrarase...
O IES A Cachada de Boiro logra o premio nacional no Concurso Consumópolis
O IES A Cachada de Boiro resultou gañador do Premio Nacional da 21ª edición do Concurso Escolar Consumópolis, onde representou a Galicia. O galardón foi entregado aos estudantes este martes 20 de outubro, nun acto que contou coa presenza da xerente do Instituto Galego...
Os concellos de Barbanza Arousa reivindican en Santiago o Camiño A Orixe
A Mancomunidade Barbanza Arousa está a desenvolver desde hoxe martes e ata o xoves unha acción promocional do Camino de Santiago A Orixe na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, co obxectivo de dar a coñecer este roteiro xacobeo entre os peregrinos que chegan...
A Deputación abre o prazo para usar os descontos de 100 euros de MercaNaVila
A cidadanía xa pode descargar os bonos desconto de MercaNaVila 2026, a campaña da Deputación da Coruña que permite aforrar ata 100 euros nas compras realizadas nos pequenos comercios dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. Segundo confirmou a...
Ribeira organiza unha charla sobre compostaxe doméstica e comunitaria
O Concello de Ribeira organiza a charla Compostaxe doméstica e comunitaria, unha actividade que busca achegar á veciñanza as claves para transformar osresiduos orgánicos en compost e darlles unha segunda vida. A cita será o mércores 21 de outubro, ás 19:30 horas, no...
O emprendendo feminino protagoniza o encontro Speed Networking Barbanza (en Boiro)
Boiro acolleu este martes 20 a inauguración do encontro Speed Networking no Barbanza, organizado desde o Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Vilanova de Arousa co obxectivo de poñer en contacto mulleres emprendedoras e empresarias e descubrir posíbeis...
A ABE habilita un punto de información para aproveitar ao máximo os bonos MercaNaVila en Boiro
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) puxo en marcha un dispositivo especial de apoio á campaña MercaNaVila 2026, iniciativa promovida pola Deputación da Coruña, co obxectivo de facilitar o acceso aos bonos da campaña, ampliar a difusión da iniciativa e animar a...
O Concello de Boiro executa obras de mellora da eficiencia enerxética no Centro Social de Cures
O Concello de Boiro inicia as obras para a mellora a eficiencia enerxética no Centro Social de Cures, unha actuación dun importe de 155.765,08 euros que conta co financiamento da Deputación da Coruña mediante o Plan Único Concellos (POS+). O alcalde, José Ramón...
Boiro acolle este xoves a presentación do nº 95 a Revista Galega de Educación
O Centro Social de Boiro vai acoller este xoves 22 de outubro, ás 20.30 horas, a presentación número 95 da Revista Galega de Educación, unha entrega editorial que pon o foco na necesidade de fomentar saudábeis e seguros das novas ferramentas e que se distribúe baixo o...
O MUGART inaugura este venres unha mostra sobre o artista catalán Lluís Pessa: Gravar a memoria nas pedras
O Museo do Gravado de Artes vai inaugurar esta semana unha nova exposición: A pegada de Lluís Pessa. Gravar a memoria nas pedras. A cita será este venres 23 de outubro na sala 2 do MUGART (Museo do Gravado de Artes) en Ribeira, ás 20.00 h. memoria nas pedras Lluís...
O Liceo de Ribeira acolle este mércores un acto sobre vivenda de Amnistía Internacional Barbanza
Amnistía Internacional Barbanza organiza un acto sobre vivenda o vindeiro mércores 21 de outubro ás 19h en Ribeira, de entrada libre. Neste Parladoiro polo dereito á vivenda participarán Jose Manuel Pena, de Stop Desafiuzamentos Barbanza, Giovanni Spitaleri, avogado...
Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns
Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...
O Concello de Ribeira intensifica no centro urbano unha campaña fronte a roedores
Para facer fronte aos roedores, o Concello de Ribeira intensifica no núcleo urbano unha campaña de desratización que se suma aos controis habituais. Xa nos últimos meses se acometeu esta medida nas parroquias e barrios da cidade e a partir desta semana farase especial...
O Concello de Boiro acomete obras para a mellora do pavimento no lugar de Xián
O Concello de Boiro remata as obras de pavimentado da rede viaria interior da aldea de Xián. Unha actuación dun importe de 34.089,21 euros financiada mediante o Plan Único Concellos (POS+) da Deputación da Coruña. A finalidade deste proxecto foi a pavimentación das...
Os socialistas consideran “decepcionantes” os orzamentos da Xunta para a comarca do Barbanza
A deputada socialista no Parlamento galego Patricia Iglesias Rey debullou este luns 19 os orzamentos da Xunta para o Barbanza. Na súa comparecencia lamentou que as contas autonómicas 2027 son "absolutamente decepcionantes e raquíticos" para a nosa comarca. A...
Exposicións, obradoiros de sexualidade e teatro integran a axenda de Rianxo
O Concello de Rianxo, a través da área municipal de Cultura, compartiu a axenda cultural para estas dúas semanas que restan do mes de outubro e para os primeiros días de novembro. Haberá exposicións, un obradoiro sobre sexualidade, teatro e exposicións. Exposición...
O Proxecto EnClave (Boiro) achega este luns unha charla para as familias centrada nos límites que coidan
O CEIP Santa Baia de Boiro vai acoller este luns 19 de outubro unha nova charla encadrada nas actividades do programa local EnClave, impulsado polo Concello. Será ás 18.30 horas, con inscrición previa, e estará dirixida ás familias, baixo o epígrafe Límites que coidan...
Nós Pobra reclama ao PSOE completa información sobre a marcha do alcalde ao grupo socialista e pide revisar o pacto de goberno
O grupo veciñal Nós Pobra compareceu hoxe para saír ao paso das últimas declaracións do actual alcalde José Carlos Vidal (Nós Pobra) logo da confirmación da marcha do rexedor ao grupo do PSdG e dar conta dos pasos que está a dar a asemblea ante a nova situación...
Francisco Davila presenta na Pobra do Caramiñal o seu libro La salud en la era de Acuario
A Pobra do Caramiñal acollerá o vindeiro venres 23 a presentación de La salud en la era de Acuario, un libro de Francisco Davila, empresario local e apaixonado da lectura e a investigación autodidacta ao redor da saúde e a naturopatía. A obra é o resultado de anos de...
O Concello de Ribeira adxudica un saneamento e dúas pavimentacións por preto de 115.000 euros
A rúa Mariño de Rivera, no centro de Santa Uxía O Goberno municipal de Ribeira informou da adxudicación do saneamento de Cristal e as pavimentacións no acceso aoaparcamento das Dunas e na rúa Mariño de Rivera. Trátase dunha serie de actuacións que supoñen un importe...
A Mostra Internacional Mares da Fin do Mundo botou o pano cun novo chamamento á protección dos hábitats naturais
Fotos de Manuel Lesmes (Lesmes Fotógrafos) A IX Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo celebrou en Rianxo a última das cinco xornadas programadas este domingo 18 de outubro. O evento, organizado pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo e...
UCIN denuncia “as colas quilométricas” e “a falta de avisos no corte da AC-305 por obras de asfaltado” ao seu paso por Boiro
UCIN Boiro denuncia que a AC-305 ao seu paso por Boiro "foi cortada esta mañá por traballos de asfaltado sen ningún aviso previo a veciños nin condutores". A agrupación engade que "a falta de información provocou colas quilométricas e un importante colapso do tráfico...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“La grandeza de la democracia”. José Castro López
En 2016, en vísperas electorales en EE.UU, el premio nobel Joseph Stigliz contaba quecuando viajaba por el mundo le preguntaban cómo era posible que llegara tan lejos lacandidatura de ´Donald Trump, un personaje que el catedrático e investigador TimothiGarton Ash...
“Unha páxina aberta en Lisboa”. Xosé A. López Silva
Calquera persoa encargada dunha exposición bibliográfica ou literaria sabe que unha das tarefas máis complexas consiste en decidir as páxinas polas que se deixa aberto cada volume. Detrás da vitrina, o libro só ofrece dúas planas. Con elas, o visitante recibe a imaxe...
“Galicia: bestas para conservar os montes e a tradición” – Antón Luaces
As actuais xeracións de galegos están -estamos- a ver as que moi probablemente sexan as últimas - derradeiras?- xeracións de cabalos salvaxes ou semisalvaxes que viven nas serras da nosa comunidade autónoma. Nomeadamente, as coñecidas popularmente como "as bestas",...
“O importante é chegar”. Loís Celeiro
Chegou á estación de Renfe coa metade da lingua fóra da boca, tan fóra que a punta daquela lingua calada mollaba e ensuciaba o nó da garabata, que lucía as cores do arco da vella. Antes de suar aquela fermosa prenda de vestir arroupaba a elegancia dun home feito e...
Crónicas ribeirenses: “Un linterneiro, amolador e taxidermista” – Antón Luaces
Ribeira tiña no Castelo, nun edificio amplo situado fronte á praza do peixe, o obradoiro do único "linterneiro" que existía na contorna aló polos anos 50-60 do século pasado. Nunca souben, e aínda hoxe a descoñezo, a orixe desta denominación para aquel que exercía...





























