
A Pobra do Caramiñal acollerá o vindeiro venres 23 a presentación de La salud en la era de Acuario, un libro de Francisco Davila, empresario local e apaixonado da lectura e a investigación autodidacta ao redor da saúde e a naturopatía.
A obra é o resultado de anos de interese persoal por estas materias, durante os cales o autor dedicou tempo a ler, investigar e recompilar información sobre distintas prácticas relacionadas co coidado da saúde. Inicialmente, Davila reuniu estes coñecementos coa intención de elaborar un libro para compartir coas súas amizades. Con todo, recoñece que o interese que espertou o seu contido entre as persoas da súa contorna animouno a dar un paso máis e “buscar a maneira de achegalo a outros lectores interesados neste ámbito”.
Con esta publicación, o autor pretende compartir os coñecementos e as reflexións que foi reunindo ao longo dos anos, froito da súa curiosidade e da súa dedicación á lectura e á investigación por conta propia.
A presentación será ás 20.00 horas no auditorio da Biblioteca Municipal Victoriano García Martí. O encontro permitirá coñecer de cerca esta publicación e achegarse á experiencia persoal que levou ao seu autor para converter unha recompilación de coñecementos destinada inicialmente ao seu círculo máis próximo nun libro dirixido ao público interesado.



