Os socialistas consideran “decepcionantes” os orzamentos da Xunta para a comarca do Barbanza

19 Outubro 2026

A deputada socialista no Parlamento galego Patricia Iglesias Rey debullou este luns 19 os orzamentos da Xunta para o Barbanza. Na súa comparecencia lamentou que as contas autonómicas 2027 son “absolutamente decepcionantes e raquíticos” para a nosa comarca.  

A parlamentaria denunciou que “non hai un pulo económico-industrial, nin previsión de aumento do chan industrial en A Pobra, nin implicación da Xunta no polígono industrial de Ribeira”. Ademais, reclamou a nova depuradora para Boiro, “que ano tras ano incúmprese o programa de rexeneración e recuperación das rías galegas, que están nunha situación de auténtico colapso”.  

Iglesias tamén mencionou que nos orzamentos da Xunta non existe unha previsión de mellora das comunicacións e infraestruturas, “como a remodelación da fachada marítima de Rianxo ou a reforma integral da estación de autobuses da Pobra”. Tampouco considera “atendidas” as demandas sociais para a comarca, alegando que “non hai unha previsión de mellora nos centros de saúde que responda a un plan integral” e destacando a necesidade de que existan residencias de maiores no Barbanza, “fundamentaois para unha comarca moi envellecida”.  

De igual maneira, lembra que a construción de vivenda protexida “está totalmente desatendida por parte da Xunta de Galicia, do goberno do PP, nestes orzamentos que consideramos raquíticos e decepcionantes para a comarca de Barbanza Arousa”. 

Outros artigos

O servizo de Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega. Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o...

+

A Deputación e a AECC crean unha Rede de Concellos Contra o Cancro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Javier Álvarez Barbeito, asinaron un convenio de colaboración para impulsar a Rede de Concellos Contra o Cancro da provincia da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.