A Deputación e a AECC crean unha Rede de Concellos Contra o Cancro

19 Outubro 2026

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Javier Álvarez Barbeito, asinaron un convenio de colaboración para impulsar a Rede de Concellos Contra o Cancro da provincia da Coruña. A institución provincial achegará 158.606 euros, preto do 75 % dun orzamento total de 211.475 euros.

Segundo explicaron, “a iniciativa busca achegar os recursos de apoio aos pacientes oncolóxicos e ás súas familias, especialmente nos municipios rurais e semiurbanos, onde a dispersión da poboación, o envellecemento e a distancia aos servizos especializados dificultan o acceso á atención”.

Para iso, promoverá “unha estrutura estábel de cooperación entre a asociación, a Deputación e os concellos, coa participación dos servizos sociais comunitarios, atención primaria e as xuntas locais da entidade”.

A rede desenvolverá actuacións de prevención, apoio aos pacientes e promoción do voluntariado, adaptadas ás características de cada municipio. Entre elas figuran a creación de espazos libres de fume en praias, parques ou contornas escolares, a promoción de roteiros saudábeis e as campañas de información sobre prevención e programas de detección precoz.

No ámbito da atención, o proxecto facilitará o acceso aos servizos gratuítos da asociación, como atención psicolóxica e social, logopedia, fisioterapia ou nutrición. Tamén prevé desenvolver recursos comunitarios próximos aos lugares de residencia, como os Clubs de Saúde, e establecer canles fixas de coordinación cos servizos sociais municipais para identificar necesidades e facilitar o acompañamento.

A iniciativa recolle a experiencia dos nove Clubs de Saúde que a asociación puxo en marcha desde 2024 en concellos rurais da provincia. Este programa piloto incorporou 182 persoas e desenvolveu 163 obradoiros, cunha valoración media das persoas participantes de 9,6 sobre 10. As actividades contribuíron a mellorar o benestar emocional, favorecer o autocoidado e crear redes de apoio mutuo para reducir a soidade non desexada.

Rede local de voluntariado

Outro dos eixes será a creación e dinamización de redes locais de voluntariado que acompañen os pacientes e as súas familias. Os concellos que se adhiran asumirán un conxunto mínimo de actuacións, adaptado á súa realidade, e contarán co apoio técnico e os recursos da asociación para desenvolvelas.

A Asociación Española Contra o Cancro dispón de catro centros de atención na provincia, nos que atendeu 2.569 persoas durante 2024. A nova rede busca ampliar o alcance territorial deste labor e facilitar que máis persoas poidan acceder a recursos de apoio preto da súa casa.

Outros artigos

O servizo de Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega. Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.