O servizo de Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais

19 Outubro 2026

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega.

Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o persoal de Gardacostas incautouse de 63 cacharros para a captura de polbo en augas da ría de Muros-Noia, 500 metros de aparellos de enmalle -400 metros de trasmallo e 100 de vetas localizados na ría de Vigo-, 10 viveiros de rede nos portos de Ribadeo e Ortigueira, un salabardo e un restrelo de man en Barallobre.

No referente ás capturas comisadas nos distintos puntos do litoral, os axentes requisaron máis de 190 quilos de marisco e peixe variado, entre os que destacan preto de 126 quilos de polbo interceptados en zonas como o Berbés, Fisterra, Muros-Noia ou a ría de Corcubión. A este volume súmanse máis de 31 quilos de centola incautados en Mugardos, Ribadeo ou Alcabre, preto de 17 quilos de ameixa xaponesa e rubia, así como cantidades menores de lura (calamar), lumbrigante e nécora. Todas as especies que se atopaban vivas foron devoltas de xeito inmediato ao mar.

A Consellería do Mar lembrou que durante este mesmo período a Unidade Operativa de Servizos Centrais actuou tamén por terra na lonxa de Corcubión, onde se levantou unha acta de presunta infracción e foron incautados 4.000 quilos de bocarte que foron entregados a un centro benéfico. Con estas intervencións continuadas, a Consellería do Mar mantén a súa vixilancia permanente para combater as prácticas irregulares, protexer os recursos mariños e amparar aos profesionais do sector que cumpren coa normativa vixente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.