Os comerciantes da AER critican que se exclúa a Ribeira da campaña de dinamización comercial da Deputación: MercaNaVila

21 Outubro 2026

Os comerciantes de Ribeira reuníronse este martes 20 de outubro no local da AER (Asociación de Empresarios de Ribeira) para manifestar o seu malestar polos criterios de acceso á campaña MercaNaVila 2026, impulsada pola Deputación da Coruña e dotada con cinco millóns de euros para fomentar o comercio local a través de bonos de 100 descargábeis nos móbiles da cidadanía. A AER e as firmas que a integran manifestaron que “aínda que valoran positivamente estas axudas”, consideran “inxusto” que os establecementos de Ribeira queden excluídos por superar o municipio os 20.000 habitantes, a pesar de que o seu núcleo urbano principal non alcanza esa cifra.

Os comerciantes sinalan que os seus negocios “afrontan as mesmas dificultades que os doutras localidades beneficiarias” e advirten de que “esta exclusión pode favorecer que os consumidores se despracen a municipios veciños para aproveitar os descontos, prexudicando ao comercio de Ribeira”.

A Deputación manifestou a súa disposición para reunirse co sector comercial para escoitar as súas reivindicacións e estudar posibles medidas.

Os comerciantes de Ribeira non piden privilexios, senón “igualdade de oportunidades para competir e seguir dando vida ao comercio local”, por iso solicitan á Deputación que revise os criterios de acceso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.