O Concello de Boiro executa obras de mellora da eficiencia enerxética no Centro Social de Cures

20 Outubro 2026

O Concello de Boiro inicia as obras para a mellora a eficiencia enerxética no Centro Social de Cures, unha actuación dun importe de 155.765,08 euros que conta co financiamento da Deputación da Coruña mediante o Plan Único Concellos (POS+). O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron o edificio para coñecer o estado de execución das obras.

Segundo explicaron, as obras que se están a levar a cabo son o cambio da cuberta de fibrocemento existente por un illamento sobre forzado horizontal para a mellora do envolvente e falso teito con illamento. Vaise realizar tamén a impermeabilización das fachadas e o cambio das carpinterías exteriores para a mellora da eficiencia enerxética.

As actuacións completaranse coa instalación dun sistema de ventilación con recuperador de calor e a substitución de luminarias a LED; así como outras actuacións interiores para o cambio de carpinterías e o pintado de todas as estancias.

O alcalde, José Ramón Romero, afirmou que esta actuación está dentro do “plan de actuacións que estamos a levar a cabo para a mellora dos distintos centros sociais do municipio que son un lugar de encontro social e cultural para a nosa veciñanza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.