O Concello de Boiro promove un curso de introdución á lingua e cultura galegas

21 Outubro 2026

O Concello de Boiro vai levar a cabo ao longo deste ano un novo curso de galego dirixido a persoas adultas interesadas na aprendizaxe da lingua e a cultura galegas nun nivel inicial. O curso comeza o vindeiro martes 27 de outubro e para participar é necesario inscribirse previamente.

Este curso, promovido pola Secretaría Xeral da Lingua (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude) e coa colaboración dos concellos da Rede de Dinamización Lingüística da que forma parte o Concello de Boiro, será presencial e de 20 horas de duración. Con el preténdese promover o uso do galego e o coñecemento da lingua en distintos ámbitos e contextos.

A formación ten un dobre obxectivo: por unha banda fomentar a integración e a inclusión sociocultural efectiva das persoas participantes; e pola outra aproveitar o potencial que supón a chegada de persoas de fora de Galicia como un xeito de incrementar o número de falantes da nosa lingua.

A formación contará con cinco unidades nas que se estudarán as nocións básicas da lingua galega xunto con outras de carácter gramatical. Na parte de gramática contarase con unha introdución á fonética do galego, xunto coas distintas clases de palabras, ortografía básica e outros recursos de utilidade para a comunicación na vida cotiá; así como contidos relacionados coa cultura e historia de Galicia.

En Boiro esta formación será presencial os martes, mércores e xoves dende o 27 de outubro ao 17 de novembro en horario de 18.00 a 20.00 horas. As prazas están limitadas a 20 persoas e para participar é necesario inscribirse previamente no Centro Social de Boiro, no teléfono 981 84 84 25 ou mediante o enderezo electrónico educacion@boiro.gal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.