O Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Galicia desactivou unha organización asentada en Vilanova de Arousa dedicada á distribución de cocaína a diversos puntos de España e Portugal mediante vehículos con dobres fondos. No marco da...
Home ferido ao queimarse cunha rozadoira en Catoira
Ocorreu na Estrada de Santa Baia, na parroquia de Oeste. O helicóptero medicalizado con base en Santiago foi mobilizado polos servizos sanitarios para atender ao home, que cortaba a herba cunha rozadoira cando esta comezou a arder. Tamén prendeu lume a vexetación,...
Galicia, lista para arrincar este mércores o Mundial xuvenil de 49er, 49er FX e Nacra 1
A horas para que empece a acción en augas da ría de Arousa. 107 tripulacións de 25 nacionalidades xa se preparan para escoitar este mércores o primeiro bocinazo de saída do Mundial xuvenil de 49er, FX e Nacra 17, proba que organiza a Real Federación Galega de Vela...
O Parque Nacional das Illas Atlánticas acollerá este verán actividades gratuítas de observación astronómica
O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, que abrangue illas da nosa comarca como Sálvora ou o arquipélago de Vionta e Noro, ofrece este verán máis unha completa programación de actividades astronómicas co "obxectivo de diversificar o seu uso público e dar a...
O BNG pide paralizar os proxectos de Altri e da mina de Touro e a rexeneración integral das rías
A portavoz nacional, Ana Pontón, acusou ao Executivo de Alfonso Rueda de poñer en risco a actividade marisqueira da Ría de Arousa, da que viven 4.000 familias, apoiando as “bombas ambientais” de ALTRI e a mina de Touro, que terían un “efecto letal” para a ría. “O...
Portos de Galicia adxudica neste mes de xullo as obras de remodelación e ampliación da lonxa de Tragove
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou o peirao de Tragove, no concello pontevedrés de Cambados onde anunciou a próxima adxudicación das obras remodelación e ampliación da lonxa deste municipio. O responsable autonómico, acompañado polo delegado territorial...
En Catoira envorca un camión cisterna de aceites
Un camión cisterna sufriu un accidente de tráfico, polo que se puxo en marcha unha operación para evitar un posible episodio de contaminación. Finalmente non foi necesaria, porque levaba a cisterna baleira. O camión, dunha empresa de Santa Comba, ía recoller aceite...
Falece unha persoa tras ser atropelada en Vilagarcía
A vítima mortal, un varón duns 75 anos, estaba de veraneo na vila coa súa familia. O accidente sucedeu na Avenida Rosalía de Castro, na recta de Carril, nun paso de peóns con regulación semafórica. Un helicóptero medicalizado desprazouse ata o lugar dos feitos, sen...
A Mancomunidade Barbanza-Arousa posibilita promocionar produtos durante a Euskolabel Liga de traíñas en Aguiño
A celebración da regata da Euskolabel Liga de traíñas, LIGA ACT, o próximo día 20 de xullo en Aguiño de 17:00 a 20:00 horas, ofrécese como escaparate para os produtos do territorio.Con motivo desta regata, que atrae numerosos visitantes, desde a Mancomunidade quérese...
Dous traballadores sofren múltiples fracturas tras caer dunha plataforma elevadora en Vilagarcía
Os bombeiros xunto co persoal do Servizo Municipal de Emerxencias facilitaron, con material de rescate, o acceso aos feridos, que caeron dunha plataforma desde varios metros de altura sobre o chan. Eran as 9:30 horas desta mañá cando o 112 Galicia recibiu o aviso...
En Vilanova presentada a terceira edición do Festival de Teatro Valle-Inclán
A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, participou hoxe na presentación da terceira edición do Festival de Teatro de Valle-Inclán, Festivalle, onde destacou “a programación de calidade e multidimensional que completa a oferta teatral e cultural galega”. A...
Liberan en Sálvora tres tartarugas mariñas recuperadas no CEMMA
Alfonso Villares participa na liberación de tres tartarugas mariñas e pon en valor a conservación das especies mariñas e a diversidade dos oceános. Arou e Billy vararon na praia e a Afortunada atrapouna sen querer un pescador de Fisterra que a entregou ao CEMMA. Son...
Miles de persoas rodean San Caetano en Santiago ao berro de “Altri non”
Milleiros de persoas rodearon este domingo a sede da Xunta en San Caetano ao berro de "Altri Non", nunha concentración convocada pola Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa para esixirlle ao Goberno galego que paralice o proxecto...
A Semana Galega enche de velas a ría de Arousa na súa segunda xornada de regata
Coa entrada en liza de catro novas categorías, a cita que organiza a Real Federación Galega de Vela reuniu este sábado a máis de 200 regatistas en augas de Vilagarcía. O domingo, xornada final e entrega de premios ás 18:00 horas 20240629 Vilagarcía A frota de Optimist...
Detectado un novo caso de gripe aviaria en aves silvestres no concello do Grove
A Consellería do Medio Rural vén de comunicar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, a detección dun exemplar de ave silvestre afectado por influenza aviaria de alta patoxenicidade (IAAP), resultado...
Brillante primeira xornada en Vilagarcía cunhas condicións inmellorables para a navegación
Fotografías da primeira xornada de competición na ría de Arousa © Juan Caballero A Semana Galega da Vela non podería empezar mellor na Ría de Arousa, cunhas condicións inmellorables para a navegación, mandando o vento do norte cunha intensidade media de 10 nós. Esta...
A Semana Galega da Vela reunirá en Vilagarcía de Arousa a máis de dous centenares de regatistas
O Centro Galego de Vela, que custodia a Real Federación Galega de Vela baixo a tutela da Xunta de Galicia en Vilagarcía de Arousa, será marco da competición que este venres ten convocados a máis de 200 regatistas de toda a comunidade, incluído o veciño país de...
Falece a muller ferida na explosión de gas na Illa de Arousa
Unha muller de 43 anos, que resultara gravemente ferida na explosión da súa vivenda na Illa de Arousa debido a un escape de gas, faleceu no hospital público de A Coruña (Chuac). O tráxico incidente, do que informamos en "obarbanza.gal", ocorreu ao redor das 14:55...
Sete “Soletes de confianza” na comarca outorgados polos cociñeiros máis top de España
Os cociñeiros máis destacados de España revelaron os seus Soletes de confianza para este verán 2024, destacando 47 deles en Galicia, sete na nosa comarca. Esta selección, que recolle os lugares favoritos dos chefs máis recoñecidos do país, inclúe unha variedade de...
A Audiencia Provincial de Pontevedra ordena indemnizar a Laureano Oubiña por vulnerar o seu dereito á intimidade nunha escena sexual da serie ‘Fariña’
A sección terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra acolleu parcialmente a demanda formulada por Laureano Oubiña sobre vulneración do dereito á honra fronte a Atresmedia, Bambú Producciones e Netflix International pola serie Fariña. Desta forma, acolleu parte...
Alda Hotels presenta a súa innovadora liña de hoteis de praia no Barbanza e no Salnés
O grupo hoteleiro de orixe santiaguesa Alda Hotels celebrou o inicio do verán organizando un almorzo informativo con vistas ao mar no hotel Alda Carril, situado na localidade pontevedresa de Vilagarcía de Arousa e un dos seis aloxamentos que a cadea inaugurou este ano...
Unha persoa faleceu e outras dúas resultaron feridas a causa dun choque frontal en Meis
Un dos vehículos circulaba en sentido contrario. Así o confirmaron os axentes da Garda Civil de Tráfico a través do 112 Galicia: tratábase do mesmo coche que un pouco antes viuse acceder á Autovía do Salnés por Barro e dirixíase cara Sanxenxo polos carrís en...
Unha muller trasladada na Illa de Arousa pola explosión dunha bombona que chegou a afectar a tres vivendas
Unha vivenda no municipio da Illa de Arousa sufriu unha explosión na tarde deste luns que deixou a unha muller ferida con queimaduras. O estalido produciuse ao prender o quentador da casa, segundo informaron os Bombeiros do Salnés. Un particular chamou ao 112 Galicia...
350 rutas guiadas con 4.000 prazas dispoñibles para visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas durante o verán
O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia oferta este verán un total de 350 rutas guiadas con aproximadamente 4.000 prazas para coñecer a natureza e a historia das illas que conforman este espazo natural.Todas as rutas faranse en grupos...
Adxudicada a execución das obras de mellora da mobilidade peonil nas estradas PO-548 e PO-192, entre Bamio e Carril, en Vilagarcía de Arousa
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou por 297.308 euros a execución das obras de mellora da mobilidade peonil na intersección das estradas PO-548 e PO-192, entre Bamio e Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa. Esta intervención,...
Publicada hoxe a convocatoria para cubrir máis dun cento de prazas para a Policía Local de trinta concellos galegos, entre eles da comarca
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de 114 prazas para os corpos de Policía Local de 31 concellos galegos, das que 81 son por oposición libre e as 33 restantes por provisión de mobilidade. Estas últimas van destinadas aos policías xa en...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena
“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...
“Ruth Matilda Anderson: a dignidade do rural”. Xosé Antonio López Silva
Desembarcou no porto de Vigo o 7 de agosto de 1924, cargada de cámaras e acompañada do seu pai, que levaba o diario da expedición. Chamábase Ruth Matilda Anderson, de Nebraska. A Hispanic Society of America, con sé en Nova York, mandábaa ao norte de España para deixar...
“Mañá podería producirse unha nova tentativa de asalto a Ceuta e Melilla”. Antón Luaces
As autoridades españolas agoiran unha nova tentativa de asalto masivo á fronteira de Ceuta mañá, mércores, cadrando coas eleccións lexislativas en Marrocos. A embaixada española en Rabat xa avisou ao Goberno deste país desa posibilade -segundo explican medios...
“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla
Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...
“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López
En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...
























