En Catoira envorca un camión cisterna de aceites

08 Xullo 2024

Un camión cisterna sufriu un accidente de tráfico, polo que se puxo en marcha unha operación para evitar un posible episodio de contaminación. Finalmente non foi necesaria, porque levaba a cisterna baleira.

O camión, dunha empresa de Santa Comba, ía recoller aceite usado para reciclar. Por causas descoñecidas, saíu fóra da estrada nunha zona de curvas e de desniveis no concello de Catoira. O condutor quedou ferido leve, con cortes nunha man. Aínda que o camión acabou envorcando na gabia, o home foi capaz de saír polo seu propio pé.

O camión quedou envorcado, a cabalo entre a gabia e un dos carrís da estrada, polo que a Garda Civil tivo que cortar parte da circulación mentres os equipos retiraban o vehículo. O accidente rexistrouse nunha zona de curvas onde adoita haber numerosos sinistros.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...