Portos de Galicia adxudica neste mes de xullo as obras de remodelación e ampliación da lonxa de Tragove

09 Xullo 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou o peirao de Tragove, no concello pontevedrés de Cambados onde anunciou a próxima adxudicación das obras remodelación e ampliación da lonxa deste municipio. O responsable autonómico, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, recordou que esta actuación foi licitada polo ente público por valor de 1,38 millóns euros. 

As obras previstas consisten ampliación do edificio actual cara o nordeste, creando unha nova zona destinada á limpeza de caixas, a preparación do peixe e cámaras de frío e conxelación. Ademais redistribuiranse os espazos na planta baixa destinada a oficinas. O novo espazo ampliado terá unha superficie de aproximadamente 300 metros cadrados continuando a cuberta existente e incluirá unha pequena zona abrigada que sirva para acoller a carga e descarga de mercadorías nos camións. Con isto elimínase do actual espazo da lonxa a zona de limpeza, o almacén de caixas e a cámara frigorífica. 

O proxecto inclúe tamén o acondicionamento da actual planta baixa modificando a distribución dos baños e a oficina da confraría e dispoñendo unha zona de vestiario e aseos así como outra de almacén para carretillas. Así mesmo, a oficina de inspección sanitaria substitúese por unha de atención aos clientes. Por outra banda, na zona central da lonxa créase un espazo para a pesada do peixe e outro para o marisco e o quiosco destinado a oficinas substitúese por un novo elemento móbil. 

Finalmente, en vista do estado de deterioro que presentaba a cuberta do inmoble e en resposta ás demandas do sector, incluíuse no proxecto a súa renovación polo que quedará formada por unha placa de fibrocemento gran onda de exterior, con illamento de la de rocha de espesor 80 mm e polo interior unha prancha de fibrocemento minionda. A prancha superior apoiarase nunha estrutura formada por vigas e correas prefabricadas. 

O titular de Mar sinalou que a previsión é que os traballos teñan unha duración de oito meses e puxo en valor o esforzo inversor do Goberno galego nas instalacións portuarias de titularidade autonómica e o seu impacto positivo na actividade pesqueira que acollen estas infraestruturas así como nas condicións de traballo dos profesionais. Nesta liña, situou esta actuación como exemplo do compromiso da Xunta por seguir impulsando un sector estratéxico da economía galega. 

Rebaixa do IVE

Alfonso Villares volveu a insistir na necesidade de que o Goberno central rectifique e acceda a rebaixar o IVE ao peixe, marisco e conservas, como ven demandando o sector,  do mesmo xeito que se fixo con outros produtos da cesta da compra. O responsable autonómico reiterou o impacto positivo que tería esta medida, avalada por informes de organismos independentes, no consumo e no conxunto da cadea mar-industria nun contexto de descenso xeralizado así como os seus beneficios para a saúde dos consumidores polas propiedades nutritivas excepcionais destes alimentos.

Outros artigos

Xoves con nubes altas que non impiden o paso do sol

Xoves con algunhas nubes na costa, afectando principalmente á provincia da Coruña, mentres que no resto do país os ceos continuarán estando pouco nubrados ou despexados. Bancos de néboa matinais en zonas de interior e brétemas costeiras no litoral atlántico. As...

+

Aguiño será sede da ACT o vindeiro sábado día 20 de xullo

Hoxe déronse cita na escultura dos percebes de Aguiño, os alcaldes de Ribeira, Boiro, A Pobra do Caramiñal, a xerencia da Mancomunidade Barbanza Arousa, o patrón maior de Aguiño, edís do concello de Ribeira e a xunta directiva da ACT para presentar a proba de remo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sete anos non son nada?”. Antón Luaces

“Sete anos non son nada?”. Antón Luaces

Na mencida do 24 de abril de 2017, tres mariñeiros de Poio perderon a vida nun accidente protagonizado pola embarcación de baixura Nuevo Marco. Foi na ría de Pontevedra, e sete anos máis tarde -coma se ocorrese onte- a Xunta informa que comeza a adopción de medidas...

“Hay jueces que hacen política”. Manuel Velo

“Hay jueces que hacen política”. Manuel Velo

Hay jueces y líderes del PP que al unísono acusan al legislativo y al gobierno de que no respetan la separación de poderes cuando ellos son los primeros en no hacerlo. La separación de poderes exige lo siguiente. El poder emana de la soberanía del pueblo eligiendo al...