Home ferido ao queimarse cunha rozadoira en Catoira

16 Xullo 2024


Ocorreu na Estrada de Santa Baia, na parroquia de Oeste.

O helicóptero medicalizado con base en Santiago foi mobilizado polos servizos sanitarios para atender ao home, que cortaba a herba cunha rozadoira cando esta comezou a arder. Tamén prendeu lume a vexetación, aínda que foi extinguido rapidamente.

Neste caso, foi un particular que chamou ao 112 Galicia cando pasaban escasos momentos das 18:20 horas. Como relatou, o ferido sufriu queimaduras nun brazo.

No lugar continúan traballando os servizos de emerxencias, alertados polos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias: ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, colaboran a Garda Civil, o GES de Padrón e os voluntarios de Protección Civil de Catoira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...