Empeza a Festa do Mexillón de Vilanova de Arousa

08 Agosto 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na apertura da carpa da XXX Festa do Mexillón e o Berberecho de Vilanova de Arousa, unha cita que destacou como “unha posta en valor da nosa riqueza gastronómica e dun sector, o do mar, que é clave na cultura e identidade de Galicia”.

Deste xeito, o titular de Cultura do Goberno galego acompañou aos centos de persoas que se achegaron a degustar os moluscos na primeira xornada duns festexos que continuarán ata o vindeiro domingo, cando terá lugar o tradicional acto de entrega de insignias. Neste senso, lembrou que estes días son propicios para aproveitar “un verán cheo de propostas culturais por toda Galicia, no que ofrecemos actividades para todos os públicos tamén na zona de Arousa”, facendo referencia así á programación estival da Xunta, o CulturON.

López Campos felicitou aos responsables da organización pola trixésima edición dunha celebración con gran repercusión no calendario galego e que ofrece alternativas paralelas como concertos e unha feira de oportunidades coa participación de vinte comercios locais.

Xunta

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.