Localizado o corpo da turista asturiana de 78 anos desaparecida o sábado en Cambados

29 Xullo 2024

A turista asturiana de 78 anos, Diley Albuerne– que desaparecera este sábado no municipio pontevedrés de Cambados foi localizada sen vida nunha leira agrícola no lugar da Modia.

Os axentes confirmaron que o corpo localizado esta mañá nunha leira de Corvillón, en Cambados, pertence a unha septuaxenaria de Asturias, que se perdeu mentres realizaba unha excursión coa súa familia.

O aviso sobre a localización do cadáver recibiuse no 112 Galicia pouco antes das oito desta mañá mediante unha persoa particular que observou o corpo dunha muller tendido nunha leira do lugar da Modia. Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil. De feito, foron os efectivos do corpo de seguridade quen pouco despois confirmaron que se trataba da mesma persoa, que estaba en proceso de busca cando o pasado sábado, durante unha excursión, ausentouse para ir ao baño. Esta foi a última vez que a familia tivo contacto con ela.

A partir de aí, os axentes da Garda Civil comezaron un proceso de busca, do que informaron a través do 112 Galicia o mesmo sábado ás 22 horas. Nese momento, os xestores do CIAE 112 Galicia avisaron aos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Cambados, que se sumaron á busca.

Durante o domingo, algún veciño chamou ao 112 para indicar que vira a señora pola zona da Modia, e así se trasladou aos axentes da Garda Civil. Sen embargo, foi esta mañá, pouco antes das oito, cando outra comunicación alertaba a través do 112 da localización dun cadáver, que resultou pertencer á mesma muller asturiana. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.