A Mancomunidade Barbanza-Arousa posibilita promocionar produtos durante a Euskolabel Liga de traíñas en Aguiño

05 Xullo 2024

A celebración da regata da Euskolabel Liga de traíñas, LIGA ACT, o próximo día 20 de xullo en Aguiño de 17:00 a 20:00 horas, ofrécese como escaparate para os produtos do territorio.
Con motivo desta regata, que atrae numerosos visitantes, desde a Mancomunidade quérese dar a posibilidade ás empresas distinguidas no SICTED e ás entidades produtoras/comercializadoras a que instalen un posto informativo ou de venda dos
seus produtos ou servizos no recinto.
Para poder facelo hai que cumprir un dos seguintes requisitos:

  1. As empresas distinguidas co selo SICTED poden realizar exhibicións, mostras ou venda dos seus produtos ou servizos.
  2. Os produtores, adegas, confrarías, etc poden realizar degustacións, catas ou venda de produtos culinarios típicos do territorio.
    Para solicitalo, as entidades deben cubrir unha declaración responsable que facilita a Mancomunidade e remitila a través da sede electrónica antes do día 9 de xullo.
    Enlace á sede:
    https://sede.arousa-norte.es/sxc/es/index.html. A montaxe dos stands será ás 12:30 horas e a localización é a que se expón no seguinte plano en cor azul co nome ZONA LÚDICA.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.