Dous traballadores sofren múltiples fracturas tras caer dunha plataforma elevadora en Vilagarcía

04 Xullo 2024

Os bombeiros xunto co persoal do Servizo Municipal de Emerxencias facilitaron, con material de rescate, o acceso aos feridos, que caeron dunha plataforma desde varios metros de altura sobre o chan.

Eran as 9:30 horas desta mañá cando o 112 Galicia recibiu o aviso por un accidente laboral con dous operarios feridos nunha nave do Polígono do Pousadoiro, en Vilagarcía.

Un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 xa estaba en movemento e solicitaban o apoio dos Bombeiros de Vilagarcía para poder acceder aos traballadores, xa que caeron desde unha plataforma elevadora desde varios metros de altura sobre o chan. Tanto así que, os bombeiros xunto cos membros do Servizo Municipal de Emerxencias, fixeron uso dunha autoescada para chegar aos feridos e posibilitar o traslado á ambulancia nas mellores condicións posibles. Neste senso, cómpre salientar que ambos os dous operarios presentaban diversas fracturas, polo que foron evacuados de inmediato ao centro hospitalario de referencia.

Neste operativo participaron, ademais, os axentes da Policía Local e Nacional.  

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.