Liberan en Sálvora tres tartarugas mariñas recuperadas no CEMMA

02 Xullo 2024

Alfonso Villares participa na liberación de tres tartarugas mariñas e pon en valor a conservación das especies mariñas e a diversidade dos oceános.

Arou e Billy vararon na praia e a Afortunada atrapouna sen querer un pescador de Fisterra que a entregou ao CEMMA. Son exemplares moi novos, só dous ou tres anos de vida. Case bebés, porque ata os 25 non estarán en idade reprodutiva. Son tartarugas da especie Caretta caretta, que é a que aparece un 95 % de veces nas nosas costas.

O Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou o impacto positivo das accións dirixidas a poñer en valor a conservación de especies mariñas, así como a importancia de difundir e concienciar ao conxunto da sociedade da riqueza e diversidade que esconden os océanos. Así o expresou no acto de liberación de tres tartarugas promovido polo Cemma, e que tivo lugar este martes a bordo da patrulleira de Gardacostas de Galicia ‘Punta Roncadoira’, que partiu do Porto de Vilaxoán ata mar aberto onde foron devoltos ao mar.

Os réptiles reciben o nome de Arou, en referencia a praia onde foi recuperada, Bilii, atopada nun areal de Barreiros e Afortunada, recollida por un mariñeiro de Malpica que foi quen escolleu o nome. Os tres exemplares presentaban feridas que tiveron que ser atendidas nun centro de recuperación. Ademais, estiveron durante 15 días expulsando plásticos, unha circunstancia que comparte o 95% dos individuos que son rescatados polo Cemma, unha cifra que reflicte o impacto negativo destes residuos  nos océanos e os seus ecosistemas . 

Grazas aos convenios coa Dirección xeral de Patrimonio Natural, o Cemma é o encargado de xestionar a Rede de Varamentos de Galicia. Un dos principais obxectivos é a protección e asistencia a mamíferos e tartarugas mariñas que chegan ás costas galegas. Con todo, a parte máis importante desta iniciativa é a devolución dos exemplares de especies protexidas ao seu medio, polo que se precisa a colaboración do Servizo de Gardacostas. Así, o responsble autonómico enxalzou o labor que realiza esta entidade, que calificou de “fundamental”, á vez que agradeceu o papel de moitas persoas colaboradoras que dan a voz de alerta para que estes animais sexan atendidos adecuadamente o antes posible.

Durante o pasado ano rexistráronse nas costas galegas un total de 573 animais varados ou en risco de varar. Ademais, o Cemma destacou un incremento notable da cantidade de tartarugas que chegan ás costas de Galicia e que teñen que ser atendidas por diferentes problemáticas. No que vai de ano xa foron liberados cinco exemplares e outros cinco atópanse ingresados. Entre o 80 e 90% logran recuperarse, sendo liberadas posteriormente en mar aberto co obxectivo de evitar riscos e facilitar a súa entrada nas grandes correntes oceánicas nas que viven e se alimentan.

Outros artigos

Convocado o II Concurso de tapas Rois nun bocado

Tapas na Taberna Angueira O Concello de Rois organiza a segunda edición do Concurso de Tapas Rois nun bocado!, unha iniciativa que busca poñer en valor a creatividade gastronómica da hostalería local, promocionar os produtos do municipio e dinamizar a súa vida social....

+

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.