A familia Vidal premio Padrón, Berce do Xacobeo 2626 polo seu compromiso co turismo de calidade

21 Outubro 2026

O Concello de Padrón decidiu conceder o premio Padrón, Berce do Xacobeo á familia Vidal (Grupo Scala), que inclúe o recoñecemento Peregrino de Honra 2026, pola súa implicación no desenvolvemento dun modelo de turismo de calidade, vinculado á identidade, á gastronomía e ao patrimonio da vila.

Nesta edición, o Concello introduce un cambio na dinámica deste recoñecemento, que deixa de centrarse nunha persoa física para distinguir unha familia. Con esta decisión, quérese “poñer en valor non só unha traxectoria individual, senón tamén o traballo colectivo, a continuidade xeracional e unha visión compartida que permitiu construír un proxecto empresarial estreitamente ligado a Padrón”.

Dende 1980

Desde a súa fundación en 1980, o Grupo Scala foi ampliando a súa actividade ata conformar unha proposta turística e gastronómica que integra catro referencias: o Hotel Scala, o Asador O’Pazo, o Pazo de Arretén e o Restaurante Brandal. A través destes establecementos, o grupo ofrece distintas formas de descubrir e gozar do territorio, desde a acollida das persoas visitantes e peregrinas ata a gastronomía de alto nivel e a celebración de eventos en espazos de especial valor histórico.

Entre os seus proxectos destaca o Asador O’Pazo, recoñecido cunha estrela Michelin e dous Soles Repsol, ademais de ser distinguido en 2025 pola guía gastronómica Opinionated About Dining (OAD) como o segundo mellor restaurante de nova creación de Europa. Estes recoñecementos avalan unha proposta que sitúa o produto de calidade, a brasa e a identidade gastronómica galega no centro da experiencia culinaria.

Tamén merece unha mención especial o Pazo de Arretén, un inmoble histórico do século XVI vinculado á familia materna de Rosalía de Castro, que foi rehabilitado para recuperar o seu valor patrimonial e convertelo nun espazo de aloxamento e celebracións. Segundo informou o Concello, “a súa recuperación representa un exemplo de como a conservación do patrimonio pode integrarse nunha oferta turística contemporánea, contribuíndo á posta en valor da historia e da cultura de Padrón”.

Dende o Consistorio salientan tamén que “o Hotel Scala constitúe desde as orixes do grupo un referente na hostalaría local e na atención ás persoas que visitan a vila, tamén ás que percorren o Camiño de Santiago”, ao que se suma o Restaurante Brandal, que “completa esta oferta cunha proposta gastronómica que combina a tradición culinaria galega, o coidado do produto e unha atención orientada a ofrecer experiencias diferenciadas”.

Para o Concello, “o compromiso do Grupo Scala con Padrón vai máis alá da súa actividade empresarial”. Ao longo da súa traxectoria, a familia Vidal mantivo unha disposición favorábel á colaboración co Concello en iniciativas orientadas a mellorar a vila e a reforzar o seu atractivo. “Esta implicación reflíctese, entre outros exemplos, na colaboración co alumeado de Nadal e no apoio a outros proxectos e propostas municipais que contribúen á dinamización da localidade, á mellora dos seus espazos e á calidade de vida da veciñanza”, salientan dende o Concello, engadindo que “esta colaboración entre o tecido empresarial e a Administración local exemplifica a importancia de sumar esforzos para construír unha vila máis atractiva, dinámica e acolledora, tanto para as persoas que viven nela como para quen a visita”. Neste punto, o Concello agradece expresamente esta disposición e a implicación do Grupo Scala en iniciativas que contribúen ao desenvolvemento de Padrón.

Coa concesión do Padrón, Berce do Xacobeo 2626, o Concello de Padrón busca reivindicar o valor das empresas familiares, desde o seu traballo diario e cunha visión compartida, contribúen a fortalecer a economía local, a mellorar a proxección exterior do municipio e a consolidar un modelo turístico no que a calidade, a cultura, a gastronomía e o patrimonio son elementos fundamentais.

O acto de entrega da distinción será o vindeiro 30 de outubro, ás 19.00 horas, na Igrexa de Santiago de Padrón. O Concello convida á veciñanza e a todas as persoas que desexen compartir este momento a participar nesta homenaxe á familia Vidal, nunha celebración que busca “recoñecer publicamente a súa traxectoria e a súa contribución ao desenvolvemento turístico e económico de Padrón” e que será “unha oportunidade para agradecer e poñer en valor o compromiso de quen, desde o seu traballo e o seu arraigamento, contribúe a construír o presente e o futuro da vila”.

Outros artigos

Convocado o II Concurso de tapas Rois nun bocado

Tapas na Taberna Angueira O Concello de Rois organiza a segunda edición do Concurso de Tapas Rois nun bocado!, unha iniciativa que busca poñer en valor a creatividade gastronómica da hostalería local, promocionar os produtos do municipio e dinamizar a súa vida social....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.