A carga do vehículo espallouse por toda a estrada O accidente tivo lugar arredor das 15:00 horas, momento no que un particular contactou co 112 Galicia para informar do sucedido: un camión rebentara unha roda e quedara envorcado no quilómetro 58 da AP-9. Segundo a...
O PP reclama a revisión dos cambios de tráfico na contorna escolar de Palmeira
O concelleiro do Partido Popular, Emilio Pérez Outeiral, presentou unha solicitude á alcaldía para revisar os recentes cambios de dirección viaria na contorna do centro escolar da parroquia de Palmeira. A petición conta co respaldo da veciñanza, dixo, engadindo que a...
O BNG critica que a Xunta devolva fondos da UE cos que podería crear 3.400 prazas públicas de escolas infantís e que afectaría á construción dunha nova en Ribeira
A deputada do BNG, Ariadna Fernández, acusou á Xunta de Galicia de renunciar a 22 millóns de euros de fondos europeos que poderían destinarse á creación de prazas públicas en escolas infantís. Segundo a parlamentaria, esta decisión responde a unha "postura ideolóxica"...
O senador Manuel Ruíz, amosa a súa preocupación pola drástica redución de capturas de lirio en Ribeira
O senador do Partido Popular, Manuel Ruiz, expresou a súa preocupación ante a alarmante escaseza de lirio no Porto de Ribeira, un dos principais puntos de descarga desta especie. Tras un ano 2023 con cifras destacadas en capturas, os datos actuais reflicten un acusado...
Incendio na cociña dun segundo piso dun edificio no Concello de Rianxo
Os bombeiros do parque provincial de Boiro participaron esta mañá nun incendio na cocina dun segundo andar nun edifico no Concello de Rianxo. Á súa chegada observaron a dúas persoas coa faciana negra polo fume, quen indica que ardera una neveira, pero que foi extinta...
A problemática crecente da diabetes centrou unha nova sesión das Xornadas Sociosanitarias de Outes
Este xoves 30 de xaneiro celebrouse unha nova sesión das XIX Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes: a conferencia Diabetes: Epidemia silenciosa impartida polo doutor Miguel Ángel Martínez Olmos, xefe de Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición da Área Sanitaria...
O Pazo de Goiáns acolle os días 22 e 23 de febreiro o XVIII Encontro Arqueolóxico do Barbanza
O Concello de Boiro vai celebrar os días 22 e 23 de febreiro o XVIII Encontro Arqueolóxico do Barbanza, unha cita referente na materia a nivel peninsular e que por primeira vez se celebra no Pazo de Goiáns. A concelleira de Cultura, María Outeiral, debullou os...
O Consello da Cultura Galega pon na Rede unha nova dixitalización da voz de Castelao
O Consello da Cultura Galega (CCG) segue adiante co seu continuo traballo de reivindicación da figura de Castelao a través das novas ferramentas, coincidindo coa celebración do 75 cabodano do falecemento do escritor, ilustrador e político rianxeiro en Bos Aires. Este...
Os empresarios de Ribeira sortearán dúas ceas para dúas persoas valoradas en 100 euros con motivo da Campaña de San Valentín
A Asociación de Empresarios de Ribeira presentou este venres 31 de xaneiro os detalles da edición 2025 da súa Campaña de San Valentín, coa que se pretende (novamente) poñer o foco nas moitas posibilidades que ofrece o comercio local para satisfacer a demanda de...
A Aula CeMIT de Ribeira formará á rapazada en redes seguras, saudábeis e enriquecedoras co programa Entroido Dixital
O concelleiro de Novas Tecnoloxías de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, presentou este venres 31 de xaneiro unha iniciativa de lecer tecnolóxico para favorecer a conciliación no Entroido e, tamén, un uso racional, seguro e enriquecedor das novas ferramentas...
Volve o programa de inmersión lingüística “21 días co galego e+”
O programa de dinamización e inmersión lingüística impulsado pola Secretaría Xeral da Lingua a partir da experiencia exitosa da profesora Pilar Ponte do IES da Pobra, 21 días co galego e +, arrincou este venres 31 de xaneiro a súa sétima edición que ofrecerá...
O Concello de Boiro recibe da Deputación unha subvención para a adquisición de material para o servizo de Protección Civil e Emerxencias
O Concello de Boiro recibiu da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 4.843,72 euros para a investimentos da Agrupación de voluntarios de Protección Civil de Boiro. O alcalde, José Ramón Romero, visitou na mañá deste 31 de xaneiro a base de Protección...
O noiés Francisco Javier Expósito Paradela, fundador do Museo do Gravado de Ribeira, ingresará este 1 de febreiro na Real Academia Galega de Belas Artes
A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebra este sábado 1 de febreiro unha sesión extraordinaria pública para a recepción do académico de honra Francisco Javier Expósito Paradela, no Auditorio Municipal de Ribeira (avenida da Constitución, 2) ás 12:00 horas....
A Deputación concede 23.000 euros ao Concello de Rianxo para axudar a financiar a limpeza das praias
A Deputación da Coruña concedeu ao Concello de Rianxo unha axuda para financiar os traballos de limpeza e mantemento dos areais do municipio. O Concello informou que a subvención, cuxo importe ascende aos 23.000€, permitirá sufragar os gastos do persoal de limpeza de...
A proposta de Rianxo para o POS+2025 aprobouse cos apoios de Rianxo en Común e o PP
O pleno da Corporación local de Rianxo aprobou este 30 de xaneiro na súa sesión, cos votos a favor do equipo de Goberno e do Partido Popular (e coa oposición do PSOE), a proposta coa que Rianxo participará no Plan de Obras e Servizos (POS+2025) da Deputación da...
Prosperan no pleno da Pobra mocións para evitar máis vertidos na Ribeiriña e contra a apertura da mina de Touro
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada do 30 de xaneiro, ás 19.00 horas, a sesión ordinaria do pleno da Corporación. A sesión saldouse con acordos relevantes para o concello, a cidadanía e os recursos naturais do municipio, como unha...
A natureza captada por Ramón Encisa chega á Casa da Cultura da Pobra
O obxectivo de Ramón Encisa captura a esencia pura da natureza e chega á Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal. A mostra Fotonatureza está integrada por unhas noventa instantáneas, ademais de algún material fotográfico antigo, que se poderán...
Fran Sieira impartirá obradoiros de danza galega no IES Nº1 de Ribeira
A ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira vai organizar na segunda metade do mes de febreiro do 2025 unha decena de obradoiros de danza baixo o epígrafe A Danza galega, tradición e vangarda, impartidos pola compañía de danza Fran Sieira. As sesións, encadradas nunha...
Unha nova edición da mostra de teatro escolar achega catro funcións ao Elma
A comunidade educativa da Pobra do Caramiñal asistirá á mostra de teatro escolar que organiza a Concellaría da Cultura, coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Son catro funcións que se representarán nos martes e xoves da primeira quincena do mes de...
CAPRIF-CC comeza 2025 con tres accións de voluntariado ambiental en Carreira (Ribeira), Baroña (O Son) e Froxán (Lousame)
O proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC) arrinca o ano 2025 no Living Lab Barbanza-Ulla-Sar programando tres actividades de voluntariado ambiental nos montes de Carreira (Ribeira), Baroña (Porto do Son)...
AMEGA celebra o Día dos Medios en Galego 2025 con concertos e unha web con 100 medidas a prol do galego
O presidente da Asociación de Medios en Galego (AMEGA), Pablo García Fernández, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron en rolda de prensa, este xoves 30 de xaneiro, as diferentes actividades que organizou a entidade para celebrar o...
Ceos nubrados con algúns orballos e lixeiro ascenso das temperaturas este venres 31
Este venres, quedaremos nunha zona intermedia entre altas e baixas presións, cun predominio de ventos do sur que achegarán unha elevada humidade. Como consecuencia, os ceos estarán moi nubrados, con posibilidade de orballos na metade oeste, mentres que no...
O Concello de Ribeira apoia o talento local entregando as bolsas a deportistas individuais
O Concello de Ribeira fixo entrega este xoves 30 de xaneiro das bolsas a deportistas individuais, unha iniciativa que busca "promover hábitos de vida saudábeis, apoiar economicamente a aqueles que realizan un adestramento máis profesional e favorecer a súa...
A ANPA Caramecheiro do IES Nº1 retoman os Obradoiros de Igualdade Emocional cun taller sobre forza interna impartido por Carmen Hermo
Trala boa resposta obtida nos anos anteriores, a ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira retomará durante este mes de febreiro do 2025 os Obradoiros de Igualdade Emocional baixo o epígrafe Espertando a forza interna. Unha actividade para que a ANPA espera obter o...
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza e Comunidade de Montes de Baroña desenvolven unha proba piloto para a valorización de residuos forestais
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza promove a transformación e valorización dos recursos forestais a través da compostaxe nas comunidades de montes, aproveitando os residuos agrogandeiros e forestais locais para unha xestión multifuncional dos montes, fertilización de...
Aberto o prazo para solicitar unha das vivendas municipais de cesión temporal de Rianxo
O Concello de Rianxo comunicou que este 30 de xaneiro abriu o prazo para que as persoas interesadas poidan solicitar unha das oito vivendas municipais de cesión temporal. Dende o Consistorio explican que as vivendas cederanse por un período máximo de ata 6 anos para...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“O idioma galego non está prohibido en Galicia, somos os galegos os que non o falamos”. Antón Luaces
Nacín no seo dunha familia galegofalante. Meus avós (os catro) falaban exclusivamente galego. E só se alguèn o interpelaba en castelán, Manuel Teixido Pena (meu avó materno), respostaba neste mesmo idioma aprendido sen outro remedio nos trinta anos de migrante...
“Emerxencia social” – José Manuel Pena
Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...
“El Teatro y los días”. Alberto Barciela
El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...
“O Barbanza sabe a mar”. Antón Luaces
Con preto de 70.000 habitantes, os 247 quilómetros cadrados da comarca do Barbanza que constitúen os concellos da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira souberon dende os primeiros tempos aproveitar todo o moito que o mar ofrecía (e aínda ofrece). En primeira...
“Mi amiga, problema solucionado”. Manuel dominguez
Mi amiga tiene un currículum vitae impresiónate, así se lo dicen los directivos donde se presenta candidata a un puesto de trabajo El problema es que hay un hueco de 5 años sin cubrir, que fue el tiempo que se dedico a sus dos hijos. Todos le preguntan por ese tiempo,...



























