O noiés Francisco Javier Expósito Paradela, fundador do Museo do Gravado de Ribeira, ingresará este 1 de febreiro na Real Academia Galega de Belas Artes

31 Xaneiro 2025

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebra este sábado 1 de febreiro unha sesión extraordinaria pública para a recepción do académico de honra Francisco Javier Expósito Paradela, no Auditorio Municipal de Ribeira (avenida da Constitución, 2) ás 12:00 horas. Pronunciará o seu discurso de ingreso, titulado Un museo no mundo rural. Museo do Gravado de Artes. Será contestado en nome da Academia polo académico numerario da Sección de Arqueoloxía e Museoloxía Felipe-Senén López.

Asistirán ao acto o presidente da RAGBA, Manuel Quintana Martelo, ademais doutros académicos da institución, e autoridades como o conselleiro de Cultura, José López Campos; o conselleiro de Educación, Román Rodríguez; o director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o alcalde de Ribeira, Luís Antonio Pérez; o alcalde de Porto do Son, José Luís Oujo; a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde; o alcalde de Noia, Santiago Freire; a alcaldesa de Muros, María Lago; o alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal; ademais de varios exalcaldes de Ribeira e Boiro e distintas personalidades do mundo académico e cultural.

Francisco Javier Expósito Paradela (Noia, 1948) é coleccionista e mecenas de arte gráfica, ademais de fundador do Museo do Gravado e da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital en Artes (Ribeira). É licenciado en Dereito pola Universidade de Barcelona e exerceu como letrado polos colexios de Madrid, Bilbao e A Coruña. Ademais da faceta académica e profesional, Expósito foi mariño de guerra no Corpo Xeral da Armada. Foi socio fundador do despacho Bufete Marítimo Mercantil. Foi director da Asociación Nacional de Empresas Estibadoras e Consignatarias de Buques (Anesco) durante máis de 38 anos, entre cargos diversos en entidades relacionadas co mar, polo que recibiu a medalla do Mérito Naval.

Expósito na Biblioteca Ilustrada do Museo nunha imaxe de Carmela Queijeiro (La Voz)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.