A problemática crecente da diabetes centrou unha nova sesión das Xornadas Sociosanitarias de Outes

31 Xaneiro 2025

Este xoves 30 de xaneiro celebrouse unha nova sesión das XIX Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes: a conferencia Diabetes: Epidemia silenciosa impartida polo doutor Miguel Ángel Martínez Olmos, xefe de Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. A conferencia desenvolveuse novamente no salón de actos da Casa da Cultura da Serra de Outes, baixo unha asistencia de mais de 150 persoas. A coordinación correu a cargo do doutor Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Ao final do acto, o relator foi agasallado cunha figura de artesanía feita polos usuarios de ADISBISMUR Valadares (Outes).

A vindeira conferencia vai a ser o 27 de febreiro de 2025 coa conferencia Deporte e saúde impartida polo doutor Adrián Dios Vicente, presidente da Agrupación Deportiva de Baloncesto Fontiñas e profesor na Facultade de CC Económicas e Empresariais da USC.

Máis actividades do ciclo

A axenda das Xornadas cubrirá os meses comprendidos entre outubro de 2024 e maio de 2025 e incluirá un completo programa de conferencias e coloquios sobre as máis diversas cuestións, cada xoves de cada mes ás 18.30 horas na Casa da Cultura de Outes.

O programa está novamente coordinado polo doutor Xosé María Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes, coa colaboración do Concello (Centro Social), da Universidade de Santiago (USC), da asociación inclusiva ADISBISMUR e da Asociación Cultural Terra de Outes, e tamén da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago.

Logo da cita deste 30 de xaneiro de 2025 a cargo do doutor Miguel Ángel Martínez Olmos, será a quenda (o 27 de febreiro) da sesión Deporte de saúde, a cargo de Adrián Dios Vicente, presidente da Agrupación Deportiva de Baloncesto Fontiñas e profesor na Facultade de Ciencias Económicas da USC.

O 27 de marzo as xornadas porán o foco no Proxecto Xenoma, a cargo do doutor Anxo Carracedo Álvarez, coordinador do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela.

O 10 de abril celebrarase a conferencia Enfermidades abdominais. Calidade de Vida, da man do doutor Manuel Barreiro de Acosta, da Unidade de Enfermidades Inflamatorias Intestinais do CHUS.

A clausura das xornadas celebrarase o 29 de maio, con Envellecemento saudábel, a cargo de Xosé María Dios Diz, médico especialista de AP de Outes.

A organización das xornadas pregan confirmar asistencia e reservar praza a través do teléfono 981 850 575.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...