
O accidente tivo lugar arredor das 15:00 horas, momento no que un particular contactou co 112 Galicia para informar do sucedido: un camión rebentara unha roda e quedara envorcado no quilómetro 58 da AP-9. Segundo a información aportada por máis alertadores, podería haber alguén ferido logo do accidente.
Decontado, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santiago, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos servizos de mantemento da vía.
O accidente fixo que a circulación pola estrada fose moi difícil, pois numerosas ferramentas e ferro quedaron espalladas polos dous carrís da calzada, o que fixo que as labores de limpeza levasen bastante tempo.
Por outra banda, as urxencias sanitarias confirmaron que houbera un único ferido, o cal tivo que ser trasladado ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago.